Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

GALILEO E EGNOS

Base Legal

Regulamento (UE) nº 1285/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 11 de decembro de 2013 relativo ao establecemento e a explotación dos sistemas europeos de radionavegación por satélite e polo que se derrogan o Regulamento (CE) nº 876/2002 do Consello e o Regulamento (CE) nº 683/2008 do Parlamento Europeo e do Consello.

Duración

2014 - 2020

Obxectivos

Estes programas pretenden fomentar o desenvolvemento de aplicacións e servizos baseados nos sistemas europeos de radionavegación por satélite. O sistema resultante do programa Galileo será un sistema civil baixo control civil e unha infraestrutura autónoma do sistema mundial de radionavegación por satélite (GNSS) consistente nunha constelación de satélites e unha rede mundial de estacións terrestres. Pola súa parte, o sistema EGNOS será un sistema europeo de radionavegación por satélite e unha infraestrutura que controlará e corrixirá os sinais abertos emitidos polos sistemas mundiais de radionavegación por satélite existentes, así como as do servizo aberto ofrecido polo sistema establecido no marco do programa Galileo. Constará de estacións terrestres e de varios transpondedores instalados en satélites xeoestacionarios.

Eidos de actuación

  • Finalización da fase de despregamento do programa Galileo;
  • Fase de explotación do programa Galileo;
  • Fase de explotación do programa EGNOS;
  • Xestión e seguimento dos programas Galileo e EGNOS;
  • Actividades asociadas coa investigación e o desenvolvemento de elementos fundamentais tales como conxuntos de circuítos integrados e receptores compatibles con Galileo;

  • Actividades de preparación, seguimento,control, auditoría e avaliación necesarias para a xestión dos programas e a realización dos seus obxectivos específicos. En concreto: os estudos e as reunións de expertos, accións de formación e comunicación, redes de tecnoloxías da información cuxo obxectivo sexa o tratamento ou o intercambio de información, e calquera outra axuda técnica ou administrativa prestada á Comisión para a xestión dos programas.

Financiamento

A dotación financeira para o establecemento das actividades, así como os riscos asociados a estas, é de 7.071,73 millóns de euros en prezos correntes. O Parlamento Europeo e o Consello autorizarán os créditos anuais dentro destes límites.
O importe total divídese nas seguintes categorías de gasto:

  • Finalización da fase de despregamento do programa Galileo: 1.930 millóns de euros;

  • Fase de explotación do programa Galileo: 3.000 millóns de euros;

  • Fase de explotación do programa EGNOS: 1.580 millóns de euros;

  • Xestión e seguimento dos programas Galileo e EGNOS: 3.561,73 millóns de euros.


Os Estados membros poderán solicitar achegar fondos adicionais aos programas Galileo e EGNOS co fin de abranguer elementos adicionais en casos particulares. Os terceiros países e as organizacións internacionais tamén poderán achegar fondos adicionais.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea, Dirección Xeral de Empresa e Industria (DG ENTR)
Avenue d’Auderghem 45, 1040. Bélxica

Convocatorias

Pechadas

26/07/2016 - Sistema de premios para ideas innovadoras e apoio á incubación Galileo-EGNOS - 233/G/GROW/SAT/16/9288

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante