Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
HORIZONTE 2020
2014-2020
O obxectivo xeral de Horizonte 2020 é contribuír á construción dunha economía baseada no coñecemento e a innovación en toda a Unión mobilizando un financiamento adicional suficiente nos ámbitos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. Deste xeito, apoia a aplicación da estratexia Europa 2020 e outras políticas da Unión, así como a realización e o funcionamento do Espazo Europeo de Investigación (EEI).
Este obxectivo xeral perséguese a través de tres prioridades -cada unha cos seus obxectivos específicos- que se reforzan mutuamente e están dedicadas a:
Ciencia excelente: aspira a reforzar e ampliar a excelencia da base científica da Unión, así como a consolidar o Espazo Europeo de Investigación para facer que o sistema de investigación e innovación da Unión resulte máis competitivo a escala mundial.
Liderado industrial: ten por obxecto acelerar o desenvolvemento das tecnoloxías e innovacións que sustentarán as empresas do mañá e axudar ás pymes innovadoras europeas a converterse en empresas líderes no mundo.
Retos sociais: responde directamente ás prioridades políticas e retos sociais expostos na estratexia Europa 2020 e proponse estimular a masa crítica de esforzos de investigación e innovación necesaria para alcanzar os obxectivos políticos da Unión.
Consello Europeo de Investigación (CEI): proporciona un financiamento atractivo e flexible para permitir a investigadores de talento e creativos e aos seus equipos explorar as alternativas máis prometedoras nas fronteiras da ciencia, sobre a base da competencia a escala da Unión.
Tecnoloxías Futuras e Emerxentes: apoia a investigación en colaboración a fin de ampliar a capacidade de Europa para realizar unha innovación avanzada, capaz de modificar os paradigmas actuais. Fomenta a colaboración científica entre disciplinas sobre ideas radicalmente novas e de alto risco, ademais de acelerar o desenvolvemento dos campos emerxentes máis prometedores da ciencia e a tecnoloxía, así como a estruturación en toda a Unión das comunidades científicas correspondentes.
Accións Marie Skłodowska-Curie: proporciona unha formación en investigación excelente e innovadora, así como oportunidades atractivas de carreira profesional e intercambio de coñecementos, a través da mobilidade transfronteiriza e transectorial dos investigadores, a fin de preparalos optimamente para facer fronte aos retos sociais presentes e futuros.
Infraestrutura de investigación: desenvolve as infraestruturas de investigación europeas de primeira clase accesíbeis para todos os investigadores en Europa e máis aló.
Liderado Industrial
Liderado en tecnoloxías industriais e de capacitación: presta un apoio específico á investigación, desenvolvemento e demostración nos ámbitos das TIC, a nanotecnoloxía, os materiais avanzados, a biotecnoloxía, a fabricación e transformación avanzadas, e o espazo. Farase fincapé na interacción e converxencia das diferentes tecnoloxías.
Acceso ao financiamento de risco: proponse superar os déficits na dispoñibilidade de financiamento de débeda e de capital para as empresas e os proxectos de I+D impulsados pola innovación en tódalas fases de desenvolvemento. Xunto co instrumento de capital do Programa de Competitividade das Empresas e as Pemes (COSME), apoia o desenvolvemento do capital-risco a nivel europeo.
Innovación nas pemes: fomenta todas as formas de innovación nas pemes, centrándose nas que teñan potencial para crecer e internacionalizarse no mercado único e fóra del.
saúde, cambio demográfico e benestar;
seguridade alimentaria, agricultura sostíbel, investigación mariña e marítima e bioeconomía;
enerxía segura, limpa e eficiente;
transporte intelixente, ecolóxico e integrado;
acción polo clima, eficiencia dos recursos e materias primas;
Europa nun mundo cambiante: sociedades inclusivas, innovadoras e reflexivas.
Sociedades seguras - Protexer a liberdade e a seguridade de Europa e dos seus cidadáns.
Calquera entidade legal, independentemente da súa sé legal, ou organizacións internacionais poden participar, a condición de que cumpran coas condicións establecidas nas diferentes convocatorias.
O orzamento total do programa Horizonte 2020 é de 77.028 millóns de euros para o período 2014-2020. O reparto efectúase da seguinte forma:
Horizonte 2020 é moito máis que os tres alicerces principais. Hai temas horizontais que contan co seu propio orzamento, como Ciencia con e para a Sociedade ou Difundindo a excelencia e ampliando a participación, que non se engloban en ningún dos alicerces e polo tanto necesitan o seu propio apartado.
Horizonte 2020 tamén é o Centro Común de Investigación (JRC) e o Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) que xogarán un papel importante no novo Programa de Investigación e Innovación da Unión Europea.
Puntos nacionais de contacto:
Javier García Serrano
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
C/ Cid, 4, 28001, Madrid, España
+34 91 581 55 66
Javier.garcia@cdti.es
Almudena Agüero Prieto
Ministerio de Economía y Competitividad
C/ Albacete 5ª planta norte, despacho 4, 28027, Madrid, España
+34 91 603 79 51
agentesh2020@mineco.es
Punto de axuda da Comisión Europea aquí
Marie Skłodowska-Curie Actions
10/01/2013 - Horizonte 2020 – Retos Sociais
10/12/2013 - Horizonte 2020 – Ciencia Excelente
10/12/2013 - Horizonte 2020 – Liderado Industrial
11/12/2013 - Apoio á creación de clúster para o desenvolvemento de novas redes industriais
11/12/2013 - Water Innovation: Reforzando o seu valor para Europa WATER-2b-2015
11/12/2013 - Convocatoria de aplicacións de navegación por satélite Galileo: H2020-Galileo-2015-1
11/12/2013 - Convocatoria de propostas Observación da Terra - Earth Observation-2015-LEIT SPACE
12/12/2013 - Rentabilizar a colaboración on line para a innovación das PEMES (H2020-INNOSUP-2015-2)
12/03/2014 - Individual Fellowships (IF) – Accións Marie Sklodowska-Curie (H2020-MSCA-IF-2014)
17/06/2014 - ERC Advanced Grant. ERC-ADG-2014 (ERC-ADG)
09/07/2014 - Convocatoria de propostas Clean Sky 2 - Core partners wave 1 - H2020-CS2-CPW01-2014-01
10/07/2014 - Iniciativa sobre Medicamentos Innovadores – Convocatoria H2020-JTI-IMI2-2014-1
23/07/2014 - Individual Fellowships (IF) – Accións Marie Sklodowska-Curie H2020-MSCA-IF-2015
25/07/2014 - Convocatoria Seguridade Alimentaria Sostible 2015 (H2020-SFS-2015-2)
30/07/2014 - Convocatoria de propostas ERC Proof of Concept Grant - 2015 - ERC-2015-PoC
30/07/2014 - Convocatoria de Propostas ERC Advanced Grants - 2015 - ERC-2015-AdG
30/07/2014 - Convocatoria de propostas ERC Consolidator Grants - 2015 - ERC-2015-CoG
30/07/2014 - Convocatoria de propostas ERC Starting Grant - 2015 - ERC-2015-STG
06/08/2014 - Convocatoria (BOE) de Accións de Programación Conxunta Internacional 2014
01/10/2014 - Terceira convocatoria SIINN 2014
02/10/2014 - Convocatoria conxunta OCEANERA-NET 2014
10/10/2014 - H2020-LEIT-Space- Competitividade do sector espacial europeo – 2015:
H2020-COMPET-2015
06/11/2014 - IMI2: Ébola e outras febres hemorráxicas causados por filovirus
10/12/2014 - Convocatoria Mobilidade para o Crecemento 2014 – 2015
17/12/2014 - Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI 2) - ”Convocatoria 3”
21/01/2015 - Axudas para a construción de edificios energéticamente eficientes (H2020-EEB-2015)
22/01/2015 - Convocatoria ”Fábricas do futuro” destinada ao liderado empresarial H2020-FOF-2015
13/02/2015 - Facilitación de proxectos de clusters para novas cadeas industrialles
26/02/2015 - Horizon Prize –Mellor uso dos antibióticos- H2020-HOA-01-2015
10/03/2015 - Premio para mulleres innovadoras 2016
10/03/2015 - Premio HORIZON - Mellor uso dos antibióticos.
17/03/2015 - H2020-ECSEL-2015-1-RIA-two-stage
25/03/2015 - Loita contra o crime e o terrorismo (H2020-FCT-2015)
25/03/2015 - Seguridade dixital: Ciberseguridade, privacidade e confianza. (H2020-DS-2015-1)
25/03/2015 - Seguridad externa e de fronteiras (H2020-BES-2015).
22/04/2015 - Promover a igualdade de xénero en investigación e innovación (H2020-GERI-2015-1).
22/04/2015 - Red de ética europea e integridade investigadora (H2020-GARRI-2015-10).
14/05/2015 - Convocatoria conxunta de propostas de investigación, BiodivERsA3 2015.
19/05/2015 - Industrias de base biolóxica PPP (H2020-BBI-PPP-2015-1-1)
20/10/2015 - Tecnoloxías para o aprendizaxe e habilidades - ICT-22-2016
01/12/2015 - Bioenerxía: BESTF3
14/12/2015 - Tecnoloxías de Futuro e Emerxentes (FET): Innovation Launchpad-H2020-FETOPEN-2016-2017
04/01/2016 - Primeira fase da convocatoria da Era-Net Cofund sobre Produción Animal Sostible (SusAn)
14/04/2016 - Bolsas de investigación individuais (IF) Marie Skłodowska-Curie - H2020-MSCA-IF-2017
20/04/2016 - Premio Horizonte: O motor máis limpo do futuro - H2020-FutureEnginePrize-2016
28/04/2016 - Premio Horizonte: “Birth Day” - H2020-BirthDayPrize-2016
24/05/2016 - Advanced Grant - ERC-2016-ADG
05/07/2016 - Premio Horizonte pola reutilización do CO2 - LCE-Prize-CO2Reuse-01-2016
26/07/2016 - Starting Grant – ERC-2017-STG
13/09/2016 - Premio da UE para Mulleres innovadoras 2017 – WIP-01-2017
20/09/2016 - Protección para tódolos usuarios das estradas no caso de accidentes - MG-3.2-2017
20/09/2016 - Solucións TIC innovadoras para futuras operacións loxísticas - MG-5-2-2017
20/09/2016 - Tecnoloxías de Futuro e Emerxentes (FET): ERANET Cofund - FETPROACT-02-2017
04/10/2016 - Modelos de negocio para economías rurais modernas - RUR-09-2017
04/10/2016 - Construír un sistema educativo e científico axeitado para a práctica - RUR-13-2017
04/10/2016 - Estratexias para mellorar o coñecemento de bioeconomía do público xeral - BB-08-2017
05/10/2016 - Axuda ERC para probas de concepto - ERC-2017-POC
20/10/2016 - ERC: Consolidator Grant - ERC-2017-COG
27/10/2016 - Redes temáticas que compilen coñecemento listo para levar á práctica - RUR-10-2016-2017
15/12/2016 - Investigación exploratoria e demostracións a gran escala - H2020-SESAR-2016-2
13/01/2017 - QUANTERA 2017 – Ciencias e Tecnoloxías de Información e Comunicación Cuántica
13/03/2017 - Programa de Cooperación Territorial Europa Suroccidental
14/03/2017 - RegioStars Awards
17/04/2017 - CONVOCATORIA DE ACORDOS DE ASOCIACIÓN MARCO DE 4 ANOS
19/04/2017 - Premio 2017- Monitorización Cero de infraestructura de auga potable
30/05/2017 - CONVOCATORIA DE ACORDOS DE ASOCIACIÓN MARCO DE 4 ANOS
07/06/2017 - Premio á capital europea da innovación
07/06/2017 - Premio á capital europea da innovación
07/06/2017 - Premio á capital europea da innovación/ Horizonte 2020
08/06/2017 - Premio á capital europea da innovación/ Horizonte 2020
13/06/2017 - Convocatoria de propostas 2017 do Fondo de Investigación do Carbón e do Aceiro
28/12/2017 -
28/12/2017 - Noite europea dos investigadores
09/02/2018 - LC-SFS-19-2018-2019: Climate-smart and resilient farming
05/04/2018 - CSA para Iniciativa lighthouse en Mobilidade.E
05/04/2018 - Lighthouse Initiative Industry4.E
30/05/2018 -
21/01/2019 - SwafS-16-2019: Ética da innovación: o desafío dos novos modos de interacción.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante