Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRAMA DE FORMACIÓN DE EXECUTIVOS EN XAPÓN E COREA (ETP)

Obxectivos

O obxectivo estratéxico do ETP xaponés e coreano é fortalecer a presenza de empresas europeas nestes mercados.

Máis especificamente preténdese crear un núcleo de executivos europeos dotados de habilidades lingüísticas, culturais e de negocio, así como dos coñecementos necesarios para operar nos mercados xaponés e coreano. Os executivos que cursen o programa ETP deben ser capaces, á súa volta, de orientar ás súas organizacións sobre como penetrar ou consolidar posicións nestes mercados.


Eidos de actuación

O programa impártese durante un período de 45 semanas que se dividen en tres módulos:

  • Un módulo de iniciación de tres semanas no Reino Unido.

  • Un módulo de inmersión de 30 semanas en Xapón e Corea.

  • Prácticas durante 12 semanas nunha empresa xaponesa ou coreana.


O ciclo ETP conclúe cun período de dúas semanas no que se celebran as probas finais.

A Comisión Europea asume:

  • Os custos dos cursos, seminarios e actividades realizadas.

  • Os gastos de vivenda.

  • Os gastos de manutención.

Destinatarios

O programa de formación de executivos está dirixido tanto a executivos como a empresas da UE cunha clara disposición para facer negocios en Xapón e Corea.

Requisitos mínimos para os executivos da UE:

  • Ser cidadán dun estado membro da UE.

  • Ser empregado dunha empresa patrocinadora desde hai polo menos un ano.

  • Demostrar un excelente dominio do Inglés.

  • Non participar anteriormente no programa.

  • Ter un título universitario dun mínimo de tres anos de duración e tres anos de experiencia profesional como executivo, ou ben ter dous anos de formación superior e cinco anos de experiencia como executivo.


Requisitos mínimos para as empresas da UE:

  • Ter exportacións ou investimentos en Xapón ou Corea, ter plans para desenvolver exportacións ou investimentos nun dos países ou prestar apoio a empresas europeas para o desenvolvemento de exportacións ou investimentos a Xapón e Corea.

  • Ter a súa sede, as súas oficinas centrais e producir os seus bens ou servizos na UE, así como posuír unha identidade europea.

  • Empregar a un mínimo de cinco acodes e ter unha facturación anual de polo menos 500.000 €.

  • Comprometerse a contribuír cunha parte dos gastos de manutención dos participantes durante todo o programa.

  • Comprometerse a manter o vínculo laboral co participante durante o programa.

Financiamento

Proporcionarase unha bolsa de 24.600 euros para Xapón e 24.000 euros para Corea para cada participante.

Comentarios

O programa consta de convocatorias anuais. A solicitude cubrirase de forma electrónica.

Contacto

EU-Japan Centre
Office in
Europe Rue Marie de Bourgogne 52. 1000 Bruxelas. Bélxica
+32 (0)2 282 00 40
office@eu-japan.eu

Head Office in Japan
Round-Cros Ichibanchou 4F
13-3 Ichibancho. Chiyoda-ku. Tokio 102-0082 Xapón
+81 (0)3 3221 6161

Delegación dá Unión Europea en Xapón:
Ms Aki Taniguchi, ETP Programme Coordinator, Trade Section
Teléfono directo: +81 (0)3-5422-6041. Aki.taniguchi@eeas.europa.eu
Europa House, 4-6-28 Minami-Azabu, Minato-ku, Tokyo 106-0047
Central: +81 (0)3-5286-8862. Secretariatinfo@euetp.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante