Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

COSME

Base Legal

Regulamento (UE) n.º 1287/2013 do Parlamento Europeo e do Consello da 1 de Decembro 2013 que establece o Programa para a Competitividade das Empresas e para as Pequenas e Medianas Empresas (COSME) (2014 -2020) e polo que se derroga a Decisión n.º 1639/2006/CE

Duración

2014 - 2020

Obxectivos

O obxecto de COSME é reforzar a competitividade e a sostibilidade das empresas da UE, fomentando a cultura do emprendimiento e promovendo a creación e o crecemento das pemes.

Eidos de actuación

  1. Acceso ao financiamento: Case 1.400 millóns EUR dos 2.300 millóns do presuposto de COSME asígnanse a dous tipos de instrumentos financeiros, cos que se pretende complementar as medidas nacionais de financiamento das pemes:



    • Un Instrumento de Garantías de Préstamo (Loan Guarantee Facility) ofrecerá ás pemes garantías directas ou outras modalidades de risco compartido para cubrir préstamos de ata 150 000 EUR;


    • Un Instrumento de Capital para o Crecemento (Equity Facility for Growth) que se centrará en fondos que proporcionen financiamento de capital risco, como os préstamos subordinados e participativos, para empresas en expansión e en fase de crecemento, en particular aquelas que realizan actividades transfronteirizas.


    Estes dous instrumentos poñeranse en marcha sempre a través de intermediarios financeiros.


  2. O acceso aos mercados consiste en servizos de apoio a empresas concretas, que se prestarán principalmente a través da Rede Europea de apoio ás Empresas (Enterprise Europe Network). Esta centrarase na internacionalización das pemes, facilitando a súa expansión e a cooperación transfronteiriza. Tamén existen servizos de asistencia para os dereitos de propiedade intelectual e industrial en Europa, China, ASÉANA e Mercosur.


  3. Mellorar as condicións marco lograrase a través do apoio á aplicación da política da UE en materia de pemes, así como a través de cambios na carga administrativa e normativa innecesaria que soportan as pemes, tanto de nova creación como xa existentes.


  4. As actividades de fomento do emprendimiento incluirán o desenvolvemento de competencias e actitudes empresariais, sobre todo entre novos empresarios, mozos e mulleres, así como o programa de intercambio Erasmus para emprendedores.

Destinatarios

COSME vai destinado a:

  1. Os empresarios, en especial as pemes que se beneficiarán dun acceso máis doado ao financiamento para o desenvolvemento, a consolidación e o crecemento das súas empresas.
  2. Os cidadáns que queren traballar por conta propia e que encontren dificultades en establecer os seus negocios.
  3. Autoridades dos Estados membro tanto a nivel estatal, rexional e local beneficiaranse de asistencia nos seus esforzos de poñer en práctica unha reforma política eficaz, especialmente a través de estatísticas e datos fiables a nivel comunitario, o intercambio de boas prácticas e o apoio financeiro para desenvolver a competitividade sostible a nivel global.

Financiamento

2.300 millóns de euros. Polo menos o 60% do presuposto destinarase aos instrumentos de financiamento.

Comentarios

A través do sitio web ”acceso ao financiamento da UE” pódense consultar as entidades financeiras que subscribiron acordos co Fondo Europeo de Investimentos para poñer en marcha os instrumentos financeiros de COSME.

Enlaces de Interese

Contacto

A rede Enterprise Europe Network está representada en Galicia a través de
tres organismos:


• CIS Galicia (Centro de Innovación e Servizos para o deseño e a tecnoloxía):
apoia a transferencia de tecnoloxía entre empresas e a súa participación
en programas de financiamento comunitario, especialmente naqueles
relacionados coa I+D+i. Contacto: galactea@cisgalicia.org


• IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica): informa e asiste ás
empresas en temas comunitarios, promove a cooperación empresarial e apoia
a súa participacion en programas europeos. Contacto: internacionalizacion@
igape.es


• CEG (Confederación de Empresarios de Galicia): presta información
e asistencia ás empresas en temas europeos, promove a cooperación
empresarial, transmite á Comisión Europea as opinións das empresas galegas
e apoia a súa participación en programas europeos. Contacto: euroinfo@ceg.
es

Convocatorias

Pechadas

Bens deseñados á medida do consumidor II-COS-DESIGN-2015-3-06

Bens deseñados a medida do consumidor (COS-DESIGN-2015-3-03)

05/02/2014 - ”Rede Enterprise Europe Network: Servizos de apoio ás empresas orientados ao crecemento para mellorar a competitividade e o acceso aos mercados para as empresas da UE” - COS-WP2014-2-01

14/02/2014 - Convocatoria de propostas de Comunidades de Coñecemento e Innovación (CCI) para 2014 - CCI

20/05/2014 - Convocatoria de propostas Rede de organizacións intermediarias - Erasmus Mozos Emprendedores - COS-WP2014-4-05

11/06/2014 - Convocatoria de propostas para a Educación sobre o Emprendemento - (iniciativa de aprendizaxe empresarial paneuropea) - COS-ENTEDU-2014-4-06

23/06/2014 - Proxecto sobre rutas culturais e produtos de luxo COS-WP2014-3-15.02

26/06/2014 - Convocatoria de propostas - China, América Latina e o Sueste Asiático Servizos de asesoramento sobre Dereitos de Propiedade Intelectual para pemes (IPR SME Helpdesk) - COS-IPR-2014-2-05

04/07/2014 - Diversificación da oferta turística da UE e dos produtos - Produtos turísticos transnacionais sostibles - COS-TSUST-2014-3-15

29/07/2014 - Convocatoria de propostas Cluster Excellence Programme - COS-cluster-2014-3-04

10/10/2014 - Convocatoria para facilitar os fluxos de turismo transnacional na UE de persoas maiores e da mocidade - COS-TFLOWS-2014-3-15

12/01/2015 - Licitación para ”Xestión e provisión de contenidos para o apoio a empresas do sector do turismo e da informática.”

14/01/2015 - COS-CLUSTER-2014-3-03 – Cluster Go International

22/01/2015 - Cooperación coa “European Trade Promotion Organisations” COS-ETPA-2015-2-01–

22/01/2016 - Erasmus para Mozos Emprendedores 2016 - COS-EYE-FPA-2016-4-0

05/02/2016 - Clusters Excellence Programme 2016: Promoción da Excelencia na xestión de clusters na UE - COS-CLUSTER-2015-3-02

23/03/2016 -

As accións de aplicación conxunta, baixo o plan de acción plurianual para a vixilancia dos produtos na UE - 221/G/GRO/IMA/16/1123

10/05/2016 - Oferta de licitación para apoiar a internacionalización de operadores turísticos -EASME/COSME/2016/007.

19/05/2016 - Mellorar o acceso das PEME á contratación pública - GRO/SME/16/B/06 COS-APP-2016-2-05

03/06/2016 -

A Comunidade Europea de mulleres Business Angels para mulleres emprendedoras- 226/G/GRO/PPA/16/9234

22/07/2016 - Apoio á expansión das empresas no mercado interior, mellorando os portales únicos - Aumento da conciencia entre os empresarios sobre os puntos de contacto único - COS-SPOC-2016-02-03

22/09/2016 - Plans de apoio ao emprendemento dos migrantes - COS-MigrantsENT-2016-4-02

20/12/2016 - Sensibilización sobre as obrigacións de privacidade e protección de datos para os operadores de drons civís COS-DRONES-2016-03-02 

05/01/2017 - Oportunidades para os emprendedores europeos na economía do consumo colaborativo-251/G/GRO/PPA/16/9953 

13/02/2017 - Mellora da participación de mulleres emprendedoras no Instrumento PEME de H2020-245-GRO-PPA-16-9386

14/03/2017 - Copernicus Incubation Programme
260/G/GRO/COPE/17/10039

14/11/2017 -

20/11/2017 - Convocatoria de COSME 2017 - Broker de adquisicións innovadoras: creando enlaces para facilitar a contratación pública innovadora

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante