Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

UE GATEWAY

Duración

Período 2008-2015.

Obxectivos

O programa Gateway creouse no ano 1994, para reducir o déficit da balanza comercial da Unión Europea con Xapón, así como as dificultades de acceso a este mercado. A UE vén fomentando, desde entón, a exportación e o intercambio comercial entre Europa e Xapón, e, desde 2008, Corea.

O novo programa (2008-2015) segue apoiando ás empresas europeas a establecer relacións comerciais con posibles socios xaponeses e coreanos. As empresas están convidadas a participar en misións comerciais dunha semana de duración na cal poderán mostrar os seus produtos a posibles clientes xaponeses ou coreanos. Prográmanse, polo menos, unha misión comercial por sector e por país de destino, e está previsto que as empresas non pasen de 40 no caso de Xapón e de 30 no caso de Corea.

Eidos de actuación

Son 6 sectores:

  1. Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC´s): Xapón

  2. Saúde e tecnoloxías médicas: Xapón e Corea

  3. Construción e tecnoloxías da edificación: Xapón e Corea

  4. Deseño de interiores: Xapón

  5. Medio Ambiente ou tecnoloxías enerxéticas: Xapón e Corea

  6. Deseño de moda: Xapón.

Destinatarios

Os requisitos das empresas europeas beneficiarias son:

  • traxectoria profesional mínima de 5 anos;

  • sede e ámbito na Unión Europea;

  • experiencia en cooperación nos negocios internacionais;

  • sólida estratexia de negocio así como persoal suficiente e capacitado para penetrar nos mercados xaponeses e coreanos;

  • capital social de orixe europea.

Financiamento

Este programa financiará o custo dunha ampla gama de servizos para o exportador, como son a preparación das axendas de contactos específicas, os servizos de intérprete, o aloxamento e, nos casos de participación agrupada en feiras, o custo do espazo expositivo básico.

Os importes son:

  • Ata 1.000 euros para os custos de aloxamento (unha habitación por empresa).

  • Ata o 80% do custo de servizos personalizados, cun máximo de 1.600 euros por empresa.

O programa ofrece os seguintes beneficios ás compañías europeas:

  1. servizos de asesoramento profesional dirixidos á explotación dos seus negocios nos novos mercados;

  2. asistencia no desenvolvemento e posta en marcha da plataforma de asociación con empresas xaponesas ou coreanas;

  3. soporte loxístico durante a semana que dura a misión comercial (viaxe, aloxamento e contactos);

  4. servizos personalizados: intérpretes, tradución de documentos, impresión de folletos,etc.

Comentarios

Cada empresa pode participar nun máximo de seis misións comerciais, tres por cada país.

Enlaces de Interese

Contacto

Oficina da Comisión Europea en Xapón
Tokio
Tel.: 03-5228-0630
Fax: 03-5228-0631
E-mail: gatewayoffice@witan.co.jp

Oficina de Bruxelas: brusselsoffice@eu-gateway.eu

Convocatorias

Pechadas

28/02/2011 - Misión comercial ”Tecnoloxías da Información e Comunicación” ( Xapón )

28/02/2011 - Misión comercial ”Deseño de Interiores” ( Xapón )

28/02/2011 - Misión comercial ”Saúde e tecnoloxías médicas” ( Corea )

28/02/2011 - Misión comercial ”Construcción e tecnoloxías da edificación” ( Xapón )

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante