Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

FONDO EUROPEO DE PESCA (FEP)

Base Legal

Regulamento (CE) nº 1198/2006 do Consello, de 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca.

Regulamento (CE) nº 498/2007 da Comisión, de 26 de marzo de 2007, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1198/2006 do Consello relativo ao Fondo Europeo de Pesca.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O Fondo Europeo de Pesca (FSE) ofrece financiamento á industria pesqueira e zonas do litoral para fortalecer economicamente ao sector e adaptalo ás novas esixencias medioambientais e sociais.

Eidos de actuación

O financiamento contempla cinco eixos prioritarios:

  • a) axuste da frota: por exemplo, o despezamento de buques pesqueiros.
  • b) acuicultura, transformación, comercialización e pesca continental: por exemplo, métodos de produción máis ecolóxicos.
  • c) medidas de interés común: por exemplo, trazabilidade e etiquetado dos produtos.
  • d) desenvolvemento sustentable das zonas dependentes da pesca: por exemplo, diversificación da economía local.
  • e) asistencia técnica para financiar a administración do Fondo.

Destinatarios

Poden optar ao financiamento todos os sectores da industria pesqueira: pesca mariña e interior, acuicultura (peixes, moluscos e plantas acuáticas), transformación e comercialización. Préstase especial atención ás comunidades pesqueiras máis afectadas polos cambios nas súas frotas.

Financiamento

O orzamento do FEP é de 4.300 millóns de euros ata 2013, cos que se financian proxectos acordes cos plans estratéxicos e programas operativos das autoridades nacionais correspondentes.

Comentarios

Dentro da dotación total do fondo, España dispón de máis de 1.131 millóns de euros para financiar proxectos dentro dos seus plans operativos. Estes cartos son distribuídos entre as institucións e administracións pertinentes, neste caso, a Consellería do Mar da Xunta de Galicia que publica as correspondentes convocatorias no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Enlaces de Interese

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante