Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO EIDO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Base Legal

Regulamento (CE) do Consello nº 814/2000 sobre as medidas de información no ámbito da política agrícola común, (DOCE L 100/07, de 20.4.2000), onde se definen o tipo e contido das medidas que poden ser financiadas.

Regulamento (CE) nº 2208/2002 da Comisión, do 12 de decembro do 2002, modificado polo regulamento 1820/2004 da Comisión, do 20 de outubro de 2004, que establece as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 814/2000 do Consello.

Obxectivos

A Comisión Europea subvenciona actuacións que teñan como obxectivo informar sobre os seguintes aspectos da Política Agrícola Común (PAC):

  • a) explicar a política, contribuír á súa aplicación e desenvolvemento;
  • b) promover o modelo agrícola europeo e facilitar a súa comprensión;
  • c) informar aos agricultores e outros protagonistas do mundo rural;
  • d) sensibilizar á opinión pública sobre a importancia desta política e os seus obxectivos.

Eidos de actuación

Poderán acollerse a estas subvencións actividades como conferencias, os seminarios, as visitas de información, as publicacións, as producións audiovisuais e multimedia, as campañas de información e as actividades dirixidas a colexios e universidades.

Destinatarios

Só se admitirán solicitudes de persoas xurídicas establecidas nalgún Estado membro da UE cunha antigüidade mínima de dous anos tal como:

  • a) organizacións de agricultores ou de desenvolvemento rural;
  • b) asociacións de consumidores;
  • c) asociacións de protección do medio ambiente;
  • d) organizacións non gobernamentais;
  • e) poderes públicos dos Estados membros;
  • f) medios de comunicación;
  • g) centros escolares e universitarios.

Financiamento

A convocatoria conta cun orzamento total de 3.250.000 euros. A Comisión achegará como máximo o 50% dos custos da actividade, excluíndo os gastos de persoal.

Comentarios

A convocatoria para realizar actividades en 2011 pechou o pasado 5 de novembro. O proceso de avaliación das propostas remata o 30 de abril, e os proxectos escollidos realizaranse entre o 1 de maio de 2011 e o 30 de abril de 2012. Presumiblemente, a convocatoria para 2012 publicarase a finais de verán deste ano.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea
Unidade AGRI. K.1.
Convocatoria de propostas 2010/C 231/05
Á atención do Sr. H.E. Barth
L130 4/148A
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIËES

Convocatorias

Pechadas

Axuda para medidas de información no ámbito da Política Agrícola Común (2010)

Axudas para medidas de información no eido da Política Agrícola Común (2009)

19/07/2011 - Axuda para medidas de información no eido da Política Agrícola Común (2011)

16/03/2012 - Axudas para programas de información e promoción de produtos agrícolas en mercado interior e en terceiros países

13/09/2013 - Axuda para medidas de información no ámbito da política agrícola común - PAC 2013.

12/03/2014 - Accións de información e de promoción dos produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países

29/10/2014 - Convocatoria de propostas « Axuda para medidas de información no eido da política agrícola común (PAC)» para 2015 - 2014/C 383/06

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante