Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROMOCIÓN DOS PRODUTOS AGRÍCOLAS COMUNITARIOS DENTRO E FÓRA DA UE

Base Legal

Regulamento (CE) nº 3/2008 do Consello sobre accións de información e de promoción dos produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países.

Regulamento (CE) nº 501/2008 da Comisión polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 3/2008 do Consello.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

Financiar parcialmente programas de información e promoción dos produtos agrícolas comunitarios dentro do mercado comunitario e fóra del. Non poden optar ao cofinanciamento da UE programas de promoción de produtos de marcas comerciais. Calquera referencia á orixe dos produtos debe ser secundaria en relación coa mensaxe principal, aínda que pode mencionarse a orixe dos produtos que contan cunha denominación amparada pola normativa comunitaria (DOP, IGP, ETG ou produto ecolóxico).

Eidos de actuación

No mercado interior as accións contempladas son:

  • a) promoción e publicidade destinadas destacar as características intrínsecas e as vantaxes dos produtos comunitarios no referente á calidade, a seguridade dos alimentos, os métodos de produción específicos, os aspectos nutricionais e sanitarios, a etiquetaxe, o benestar dos animais e o respecto ao medio ambiente;

  • b) campañas de información sobre os réximes comunitarios aplicables ás Denominacións de Orixe Protexidas (DOP), ás Indicacións Xeográficas Protexidas (IGP), ás Especialidades Tradicionais Garantidas (ETG) e á produción ecolóxica, así como outros réximes comunitarios relativos ás normas de calidade e á etiquetaxe dos produtos agrícolas e alimenticios, e os símbolos gráficos establecidos na lexislación comunitaria aplicable;

  • c) accións de información sobre o réxime comunitario dos viños de calidade producidos en rexións determinadas, dos viños con indicación xeográfica e das bebidas espirituosas con indicación xeográfica ou indicación tradicional reservada;

  • d) estudos de avaliación dos resultados obtidos con estas accións de información e de promoción.



En terceiros países, estas accións poden igualmente adoptar a forma de:

  • a) accións de información sobre o réxime comunitario aplicable aos viños de mesa;

  • b) participación en salóns, feiras e exposicións de importancia internacional, especialmente mediante postos destinados a valorar a imaxe dos produtos comunitarios;

  • c) estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas saídas comerciais;

  • d) misións comerciais de alto nivel.

Destinatarios

Organizacións profesionais representativas do sector correspondente nun ou varios Estados membros. Esta liña de axudas non suporá prexuízo ás campañas que a Comisión Europea e os Estados membros lancen pola súa conta. Tanto nas accións promocionais da Comisión ou dos Estados membros como das organizacións profesionais poderán intervir axencias de comunicación ou publicidade.

Financiamento

A participación da UE non superará o 50% do custo total do programa, mentres que a organización ou organizacións solicitantes financiarán polo menos o 20%. O resto do financiamento correrá a cargo do Estado membro, malia que estas proporcións poden variar para determinados produtos ou propostas.

Comentarios

Dúas veces ao ano as autoridades nacionais publican distintas convocatorias de propostas para as organizacións interesadas, que teñen ata o 30 de novembro para enviar as súas propostas de actuación dentro da UE, e ata o 31 de marzo para os mercados non europeos. O organismo nacional correspondente, neste caso o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), envía unha lista coas propostas seleccionadas á Comisión Europea, quen decidirá as accións que recibirán fondos europeos.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

Axudas para Programas de Información e Promoción dos Produtos Agrícolas no Mercado Interior (2008)

11/01/2011 - Axudas para Programas de Información e Promoción dos Produtos Agrícolas en terceiros países (2011)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante