Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

ESPON

Base Legal

Decisión da Comisión C(2007) 5313 do 7 de novembro de 2007 pola que se establece a Rede Europea de Observación para o Desenvolvemento Territorial e a Cohesión, dentro do obxectivo 3 dos Fondos Estructurais 2007-2013, liña “Cooperación Territorial Europea”.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O propósito do Programa ESPON 2013 é apoiar o reforzo da política rexional con estudos, datos e observación sobre o desenvolvemento das tendencias xerais, considerado unha necesidade para avaliar o desenvolvemento e execución dos Fondos Estruturais 2007-2013.

A súa misión é apoiar o desenvolvemento político en relación co obxectivo da cohesión territorial e o desenvolvemento harmonizado do territorio europeo por medio da achega de información comparable, análises obxectivas e escenarios sobre as dinámicas territoriais, así como revelando o capital territorial e a potencialidade para o desenvolvemento de rexións e territorios máis amplos contribuíndo á competitividade de Europa, á cooperación territorial e ao desenvolvemento sustentable e equilibrado.

Eidos de actuación

O programa ESPON 2013 desenvolve as súas accións a través de 5 prioridades:

  • Prioridade 1: Investigación Aplicada en Desenvolvemento Territorial, Competitividade e Cohesión: aplicabilidade de investigacións en distintos temas sobre as dinámicas territoriais europeas, subministrando feitos cientificamente probados e evidencias a nivel das rexións e as cidades. Estes resultados permiten avaliar as fortalezas e debilidades de rexións individualizadas e cidades no contexto europeo. O impacto das políticas europeas será outra área de análise importante.

  • Prioridade 2: Análises focais na demanda de usuarios: Un dos obxectivos desta prioridade é prover evidencia e coñecemento baseado nos resultados ESPON sobre as fortalezas e debilidades de rexións individuais e/ou territorios máis amplos vistos desde unha perspectiva europea ou desde unha perspectiva global, dando ás rexións europeas a oportunidade de compararse con outras rexións e así atopar as súas vantaxes comparativas para o desenvolvemento e a cooperación. Por outra banda, búscase mellorar a utilidade dos resultados ESPON testando novas opcións. Tamén perseguen proporcionar apoio analítico e evidencia baseada nos resultados de ESPON sobre prioridades temáticas en cooperación con outros programas de Fondos Estruturais.

  • Prioridade 3: Plataforma Científica e Ferramentas: O desenvolvemento dunha plataforma científica utilizando a base de datos do proxecto ESPON. Esta prioridade configura un elemento nuclear para a continuidade do programa e o seu rendemento a longo prazo. Con iso perséguese a consolidación da base de coñecemento territorial necesaria para a formulación e aplicación de políticas ben fundadas. Por outra parte, procúrase responder ás necesidades de acceso público á base de datos ESPON e ás súas ferramentas, así como asegurar a dispoñibilidade de datos comparativos a nivel rexional.

  • Prioridade 4: Capitalización, propiedade e participación: inclúe actividades de publicación dos resultados nos medios, seminarios ou talleres, así como mellorar e consolidar a propiedade do coñecemento xerado polo programa. Ademais, inclúe promover a recepción de feedback sobre a utilidade e o uso dos resultados en práctica. Asegurar a transferabilidade dos resultados mediante a provisión de evidencia compacta, escrita e facilmente comprensible sobre o coñecemento territorial construído no exercicio do ESPON.

  • Prioridade 5: Asistencia técnica, apoio analítico e comunicación para asegurar a xestión do programa e a aplicación dos resultados no nivel de políticas.

Destinatarios

Entidades públicas (Administracións estatais, axencias, universidades, cámaras, autoridades locais ou rexionais), establecidas en Estados membros, Noruega, Liechtenstein, Islandia e Suíza.

Nalgúns casos pódense concurrir entidades privadas.

Socios

Son necesarios socios doutros países que participen no programa.

Financiamento

O orzamento do programa, no período 2007-2013, conta con 47 millóns de euros, que son achegados nun 75% polo fondo FEDER baixo o obxectivo 3 para a Cooperación Territorial. O 25% restante finánciase coas achegas dos 31 países participantes (27 Estados membros da UE, xunto con Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza).

Para cada unha das prioridades o regulamento observa taxas de financiamento diferentes. Para a prioridade 1 a porcentaxe máxima cofinanciada será dun 90%, dun 80% para a prioridade 2, dun 85% para a prioridade 3, un 79% para a prioridade 4 e, finalmente para a prioridade 5 un 25%.

Comentarios

Polo xeral os proxectos duran 18 meses.

As temáticas dos proxectos varían en cada convocatoria.

ESPON 2011 ten formado un grupo no portal web de Linkedin.

Enlaces de Interese

Contacto

Caroline Clause
ESPON: Unidade de coordinación: CRT HT- PO Box 114
L-4221 Esch-sur-Alzette
LUXEMBOURG
Teléfono: +352545580700
E-mail: info@espon.lu

Convocatorias

Pechadas

03/05/2010 - Convocatoria ESPON maio 2010

24/08/2010 - Convocatoria ESPON setembro 2010

01/02/2011 - ESPON. Cohesión territorial e desenvolvemento harmónico do territorio.

24/08/2011 - ESPON 2013

18/04/2012 - ESPON 2013 - 10 - Programa ESPON 2013

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante