Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL TRASNACIONAL: ESPAZO ATLÁNTICO

Base Legal

Decisión C/2007/4292 da Comisión de 20 de setembro de 2007 pola que se adopta o programa operativo ”Espazo Atlántico 2007-2013” de intervención estrutural comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do obxectivo de cooperación territorial europea en Irlanda, España, Francia, Portugal e o Reino Unido.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O novo tipo de cooperación transnacional dentro do Programa «Espazo Atlántico 2007-2013» céntrase en realizacións concretas, un plan estratéxico a longo prazo, o intercambio de experiencia, a transferencia de coñocementos e unha fertilización cruzada entre proxectos que abordan problemas similares.

Procúrase acadarprogresos significativos e tanxibles na cooperación transnacional, tendentes cara a un desenvolvemento territorial cohesivo, sustentable e equilibrado do Espazo Atlántico e a súa herdanza marítima.

Eidos de actuación

O Programa «Espacio Atlántico 2007-2013» contén catro eidos temáticos de intervención para o capítulo transnacional do Obxectivo de Cooperación Territorial Europea:

  • Innovación, incluída a economía do coñecemento (1)
  • Medio ambiente, con referencia ao legado marítimo (2)
  • Accesibilidade (3)
  • Desenvolvemento urbano sustentable, máis a intensificación de intercambios interrexionais (4)

As prioridades concrétanse desta forma:

  • Prioridade 1: Promover o espírito empresarial transnacional e as redes de innovación:

    • o desenvolvemento de transferencias de coñecementos entre empresas e centros de investigación;
    • o reforzo da competitividade e as capacidades de innovación na economía marítima do espazo atlántico;
    • o estímulo da conversión e a diversificación económicas promovendo o potencial rexional.
  • Prioridade 2: Protexer, reforzar e mellorar a contorno marino e costeiro de maneira sustentable:

    • a mellora da seguridade marítima;
    • a xestión sustentable e a protección dos recursos dos espazos mariños;
    • o aproveitamento do potencial de enerxías renovables do contorno mariño e costeiro do espazo atlántico;
    • a protección e a promoción dos espazos naturais, os recursos acuáticos e as zonas costeiras.
  • Prioridade 3: Mellorar a accesibilidade e os vínculos internos:

    • a promoción da interoperatividade e continuidade das redes de transporte existentes e da intermodalidade do transporte marítimo, por estrada, ferroviario e aéreo;
    • a promoción do transporte marítimo de curta distancia (Short Sea Shipping, SSS) e da cooperación entre portos.
  • Prioridade 4: Promover as sinerxias transnacionais no desenvolvemento urbano e rexional sustentable:

    • a posta en común de recursos e capacidades no eido do desenvolvemento urbano e rural sustentable no espazo atlántico;
    • o aumento da influencia das cidades e as rexións e do seu poder de atracción mediante o establecemento de redes;
    • a conservación e promoción del patrimonio cultural atlántico.
  • Prioridade 5: Asistencia técnica, isto é, concederase axuda financeira para a xestión, o seguimento, a avaliación e o control do Programa.

Destinatarios

  • Autoridades nacionais, rexionais e locais, incluíndo departamentos e outros organismos públicos equivalentes.

  • Universidades, organismos de investigación e desenvolvemento.

  • Organismos sen ánimo de lucro.

Socios

Parta formar o consorcio, os socios deben de pertencer ás seguintes áreas elixibles:

  • España: Galicia, Principado Asturias, Cantabria, País Vasco, Comunidade Foral de Navarra, Cádiz, Huelva e Sevilla
  • Francia: Haute-Normandie, Basse-Normandie, Rexión do Loira, Bretaña, Poitou-Charantes, Aquitania.
  • Irlanda: Todo o país (fronteira, Midland e occidental, meridional e do leste)
  • Portugal: Norte, Centro, Lisboa, Alentejo, Algarve
  • Reino Unido: illas de Scilly, Devon, País de Gales de oeste e os vales, País de Gales do leste, Escocia ao suroeste, Montañas e illas, Irlanda do Norte.

Características:

  • O socio principal debe estar está situado nun área elixible.
  • Os socios deben pertencer á tipoloxía especificada no apartado 383 e 384 do PO. O proxecto é transnacional (implica a socios de polo menos dous países e cumpre con polo menos, dous dos criterios transnacionais de cooperación enunciados no artigo 19 do Regulamento (CE) n°1080/2006: concepción conxunta, execución conxunta, persoal en común e financiamento conxunto.

  • Cada socio ten un papel no desenvolvemento e a posta en marcha do plan de acción conxunto. O proxecto debe cumprir as normas comunitarias e nacionais relevantes.

Financiamento

26.446. 214 millóns de euros. A cofinanciación do FEDER non excederá do 65% dos custos elixibles do proxecto.

O reparto por prioridades establécese do seguinte xeito:

  • 7.395.686 Promover redes de cooperación empresarial e de innovación transnacionais

  • 10.194.949 Protexer e mellorar a seguridade e sustentabilidade do medio ambiente marítimo e costeiro

  • 4 .984. 244 Mellorar a accesibilidade e as conexións internas

  • 3. 871.335 Promover sinerxías transnacionais de desenvolvemento urbano e rexional sustentable

Enlaces de Interese

Contacto

Autoridade de xestión
Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N) – Porto, Portugal
Contacto: Paulo Gomes, Teresa Lameiras, Armindo Carvalho
Rua Rainha D. Estefânia, 251P-4150-034 Porto
PORTUGAL
Teléfono (351-2) 26 08 63 00
Fax (351-2) 26 06 14 89
E-mail: coop-atlantico@ccdr-n.pt / comunicacao@ccdr-n.pt
Sitio web: http://www.ccdr-n.pt

Autoridade de Certificación
Instituto Financeiro para o Desenvolvimento Regional, I.P.
Rua de São Julião, 63
1149-030 Lisboa
PORTUGAL
Contacto: José Santos Soeiro
Tel: +351 218814091
Fax: +351 218881111
E-mail: jose.soeiro@dgdr.pt
Website: www.qca.pt

CONTACTO EN ESPAÑA

Dirección General de Fondos Comunitarios
Ministerio de Economía y Hacienda
Paseo de la Castellana 162
28046 Madrid
Cecilio Oviedo Pérez de Tudela
Tel: +34 91 5835437
Fax: +34 91 5837317
E-mail: coviedo@sgpg.meh.es

Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Facenda
D.G. Planificación Económica y Fondos Comunitarios
15704 Santiago de Compostela
Telf. +34 981 54 51 32
Fax + 34 981 54 51 33

Convocatorias

Pechadas

Segunda convocatoria de proxecto do Espazo Atlántico de cooperación transnacional 2007-2013

Primeira convocatoria de proxecto do Espazo Atlántico de cooperación transnacional 2007-2013

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante