Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSNACIONAL: ESPAZO SUROESTE EUROPEO (SUDOE)

Base Legal

Duración

Período 2007-2010.

Obxectivos

Consolidar o SUDOE (Cooperación Territorial do Espazo Sudoeste Europeo) como un Espazo de cooperación territorial nos eidos da competitividade e a innovación, o medio ambiente, o desenvolvemento sostible e a ordenación do territorio, que contribúa a reforzar a cohesión económica e social no seo da Unión Europea.

Eidos de actuación

  1. Promoción da innovación e a constitución de redes estables de cooperación en materia tecnolóxica.

  2. Mellora da sustentabilidade para a protección e conservación do medio ambiente e a contorna natural do SUDOE.

  3. Integración armoniosa do Espazo do SUDOE e mellora da accesibilidade ás redes de información.

  4. Impulso do desenvolvemento urbano sostible aproveitando os efectos positivos da cooperación transnacional.

Destinatarios

  • Todos os organismos públicos

  • As entidades privadas sen ánimo de lucro que non teñan carácter industrial nin mercantil

  • As entidades privadas que acheguen os seus propios fondos.

Estes deben pertencer a un area elexible:

  • España: Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, País Vasco, Comunidade Foral de Navarra, A Rioxa, Aragón, Comunidade de Madrid, Castela e León, Castela-A Mancha,Estremadura, Cataluña, Comunidade Valenciana, Illes Balears, Andalucía, Rexión de Murcia, Cidade Autónoma de Ceuta, Cidade Autónoma de Melilla>.

  • Francia: Poitou-Charentes, Aquitaine, Midi-Pyrénées, Limousin,Auvergne, Languedoc-Roussillon

  • Portugal: Norte, Algarve, Centro, Lisboa, Alentejo.

  • Reino Unido: Xibraltar

Para conformar un consorcio requírese:

  • Participar a lo menos 2 Estados membros do SUDOE

  • Demostrar a súa compatibilidade coas políticas nacionais
  • Respectar as lexislacións nacionais e comunitarias
  • Localizarse na área elixible do Programa e garantir un efecto positivo no territorio establecido acorde cos obxectivos específicos

  • As accións non deben estar rematadas con anterioridade á data de presentación da candidatura

  • Non ter sido financiados por outros programas comunitarios

  • Demostrar a dispoñibilidade de recursos financeiros que permitirán a execución das accións elixibles do proxecto conforme ao calendario establecido

  • Demostrar os resultados previstos e cuantificalos en relación cos indicadores do PO.

Socios

  • Universidades, institutos de investigación, escolas universitarias

  • Todos os organismos públicos

  • As entidades privadas sen ánimo de lucro que non teñan carácter industrial nin mercantil

  • As entidades privadas, sempre que aporten os seus propios fondos

Financiamento

O orzamento total do FEDER (Fondo Europeo Desenvolvemento Rexional) dispoñible é de 51.169.908 Euros.

O reparto do FEDER distribúese da seguinte maneira:

  • Prioridade 1: 17.909.668 euros

  • Prioridade 2: 12.792.620 euros

  • Prioridade 3: 12.792.620 euros

  • Prioridade 4: 7.675.000 euros

Comentarios

A execución de proxectos non deberá ir máis aló do 31 de decembro de 2010, salvo aqueles que pola súa natureza xustifíqueno poderán desenvolver accións ata o 31 de decembro de 2011.

Enlaces de Interese

Contacto

Secretariado Técnico Conjunto SUDOE
Calle Jesús de Monasterio, nº 25, 3ª esquerda
39008 Santander
ESPAÑA
Contacto general: stcsudoe@interreg-sudoe.eu

Directora del STC SUDOE: Isabelle ROGER
Email: isabelle.roger@interreg-sudoe.eu

Responsable de proyectos:Susana Fernandez Lopez
Email: susana.fernandez@interreg-sudoe.eu

Responsable de proyectos: Nuno Romao
Email: nuno.romao@interreg-sudoe.eu

Autoridade de Xestión
Comunidad Autónoma de Cantabria
Dirección General de Economía
Calle Hernán Cortes, nº9, 6ªplanta E
39003 Santander
Tel.: +34 942 20 79 07
Fax: +34 942 20 79 13
Responsable da AUG é: Maximino VALLE GARMENDIA
E-mail: aug@interreg-sudoe.org

Contactos nacionais

España
Ministerio de Economía e Facenda
Dirección General de Fondos Comunitarios
Paseo de la Castellana 162
28046 Madrid
Persona de contacto: Rosario NIETO
Tel.: +34 91 5835267
Fax: +34 91 583 73 17
E-mail: rnieto@sgpg.meh.es

Convocatorias

Pechadas

Primeira convocatoria do programa de cooperación territorial Espazo Sudoeste Europeo 2007-2013

Programa MED. Interreg IV B MED

01/12/2011 - Tercera convocatoria Programa SUDOE Interreg IV B (2007-2013)

15/01/2013 - IV Convocatoria de propuestas - Programa Operativo do Obxectivo Cooperación Territorial do Espacio Sudoeste Europeo - SUDOE-2013

10/04/2014 - V Convocatoria de Proxectos Programa de Cooperación Territorial do Espazo Sudoeste Europeo (SUDOE) 2007-2013

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante