Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

URBACT II

Base Legal

Decisión C (2007) 4454 final da Comisión Europa do 2 de outubro de 2007 mediante a que se aproba o programa UrbAct II.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

  • Obxectivo xeral: Mellorar a eficacia das políticas de desenvolvemento urbano sustentable en Europa co obxecto de executar a estratexia de Lisboa-Goteborg.

  • Obxectivos específicos:

    • Facilitar o intercambio de experiencias e aprendizaxe entre os responsables políticos das cidades e os profesionais no eido do desenvolvemento urbano sustentable.

    • Diseminar amplamente as experiencias e os exemplos de boas prácticas recopiladas polas cidades.

    • Apoiar aos responsables políticos e aos profesionais das cidades e encargados de programas operacionais baixo os obxectivos de “Converxencia” e “Competitividade” para definir os plans de actuación no desenvolvemento sustentable das zonas urbanas.

Este programa forma parte da iniciativa da Comisión Europea “Rexións polo cambio económico”.

Eidos de actuación

O programa financiará cinco tipos de accións:

  • Redes temáticas
  • Grupos de traballo
  • Polos temáticos
  • Expertos temáticos
  • Estudos

Sendo os eixos prioritarios os seguintes:

  • Cidades, motores do crecemento e da creación de emprego:
    • Fomento do espírito emprendedor
    • Aumento da innovación e da economía do coñecemento
    • Emprego e capital humano
  • Cidades, poder de atracción e de cohesión:
    • Desenvolvemento integrado das áreas necesitadas e das áreas con risco de estar necesitadas
    • Inclusión
    • Asuntos medioambientales
    • Gobernanza e planeamento urbano

Destinatarios

Administración pública a nivel local, rexional e nacional, centros de investigación e universidades dos Estados membros.

Poden participar cidades dos 27 Estados membros que xa estiveron involucradas nas iniciativas Urban I e II, e ademais de Noruega e Suíza.

Socios

Redes temáticas (8-12 participantes) e Grupos de traballo (6-8 participantes).

Financiamento

69 millóns de euros (UE e Estados membros).

Os socios das rexións obxectivo Converxencia (caso de Galicia) serán cofinanciadas nun 80%, e os das rexións que non sexan obxectivo converxencia cun 70% polo fondo FEDER. Os socios noruegos e suízos deberán ser financiados nun 50% polos fondos nacionais dos seus Estados.

Comentarios

Dúas convocatorias para as redes temáticas e os grupos de traballo previstas para 2007 e 2010.

A principal novidade que constitúe este programa é que admite a participación das administracións rexionais.

Enlaces de Interese

Contacto

Para interesados en presentar unha proposta:
E-mail: project.application@urbact.eu
URBACT Secretariat
194, Avenue du Président Wilson
93217 St Denis La Plaine
FRANCE

Convocatorias

Pechadas

Segunda convocatoria de URBACT II

Primeira convocatoria do Programa URBACT II 2007-2013.

09/12/2011 - URBACT II - Convocatoria para a creación de redes temáticas

04/10/2013 - Creación de redes piloto para a transferencia das boas prácticas no ámbito do desenvolvemento urbano sostible - URBACT II

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante