Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INTERREG IVC: COOPERACIÓN TERRITORIAL INTERREXIONAL

Base Legal

Regulamento (CE) n° 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 5 de xullo de 2006, relativo ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e polo que se derroga o Regulamento (CE) n° 1783/1999

Regulamento (CE) n° 1083/2006 do Consello, de 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ó Fondo Social Europeo e ó Fondo de Cohesión e se deroga o Regulamento (CE) n° 1260/1999

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O Programa INTERREG IVC busca mellorar, por medio da cooperación interrexional, a efectividade das políticas de desenvolvemento rexional nas áreas de innovación, economía do coñecemento, ambiente e prevención de riscos, así como contribuír á modernización económica e a competitividade europeas.

Eidos de actuación

O novo programa INTERREG IVC estrutúrase arredor de dúas prioridades temáticas que a Comisión considera claves dentro da contribución das rexións á estratexia europea de crecemento, emprego e desenvolvemento sustentable:

  • A prioridade 1 é a innovación e a economía do coñecemento, que inclúe como subtemas a innovación, investigación e desenvolvemento tecnolóxico; o espírito emprendedor e as pemes; a sociedade da información; e o emprego, capital humano e educación.

  • A prioridade 2 é o medio ambiente e a prevención de riscos, que inclúe os subtemas riscos naturais e tecnolóxicos, tratamento de augas, tratamento de residuos, biodiversidade, enerxía e transporte sostible, e herdanza cultural e paisaxe.

O programa operativo INTERREG IVC apoiará dous tipos diferentes de intervencións: proxectos de iniciativa rexional e de capitalización.

Os Proxectos de Iniciativa Rexional buscan un intercambio de experiencias nun campo determinado co fin de identificar boas prácticas e desenvolver novos instrumentos e enfoques para a súa implementación.

Os Proxectos de Capitalización pretenden asegurar que as boas prácticas se integren nos programas operativos de Converxencia, Competitividade e Cooperación Territorial.

Destinatarios

Poden participar autoridades públicas ou entidades de dereito público dos 27 estados membros e de Noruega e Suíza. O sector privado (i.e. entidades con ánimo de lucro) poden participar pero non recibirán financiamento.

Socios

Proxectos de Iniciativa Rexional: depende da intensidade da cooperación:

- Baixa > posibilidade de moitos socios
- Alta > número limitado de socios
- Mini-programas > non máis de oito

Proxectos de Capitalización: Non hai recomendación sobre o número de socios. En cambio, si se recomenda contar con socios de entre 6 e 10 países.

Financiamento

O programa esta cofinanciado polo FEDER e conta cun presuposto de 321 millóns de euros para todo o período 2007-2013.

Comentarios

As candidaturas de autoridades nacionais, rexionais e locais ou os consorcios que conten cunha participación destacada de autoridades rexionais ou locais, terán prioridade no proceso de selección. Co obxecto de maximizar o impacto do programa, recoméndase que as candidaturas inclúan nos seus proxectos ás autoridades públicas competentes.

Enlaces de Interese

Contacto

Punto de información sur (Valencia):
Juan Viesca Marqués
DG de proyectos y fondos europeos
Generalitat Valenciana
Tel.: +34 (0) 961922610
E-mail: IP-South[at]interreg4c.net


Punto de contacto nacional
Marian Uriarte MURIARTE@SGPG.MEH.ES
Manuel Ledesma MLEDESMA@SGPG.MEH.ES
DG de Fondos Comunitarios
Ministerio de Economía y Hacienda
Tel.: +34 (9158) 35490

Autoridade de Xestión
Conseil Régional Nord - Pas de Calais
Hôtel de Région
Centre Rihour - 59555 Lille Cedex
FRANCE

Secretariado Técnico Conxunto
Les Arcuriales - 5D
45 rue de Tournai
59000 Lille
FRANCE
Tel.: +33 328 144 100
Fax: +33 328 144 109
E-mail: info@interreg4c.net

Convocatorias

Pechadas

Proxectos de capitalización

Segunda convocatoria INTERREG IVC

01/12/2010 - INTERREG IVC. 4º Programa de Cooperación Interrexional

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante