Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRAMA ANUAL DE SUBVENCIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO

Duración

Cada ano o Parlamento Europeo publica esta convoctoria na súa web.

Obxectivos

Os obxectivos desta liña de subvencións son:

  • Concienciación dos cidadáns da importancia do Parlamento Europeo como foro de diálogo dos cidadáns cos outros poderes da Unión.

  • Producir información obxectiva, relevante e de calidade en relación coas actividades do Parlamento Europeo.

  • Promover a comprensión da diversidade cultural europea.

Cado ano a Eurocámara especifica un tema concreto ao que se deben cinguir os proxectos. O asunto proposto para 2011 foi ”Dirixíndose á recuperación económica e mobilizando novas fontes de crecemento”.

Eidos de actuación

Aínda que en cada convocatoria os eidos de actuación poden cambiar, adoitan ser algúns dos que se inclúen a continuación:

  • Cofinanciamento de programas para televisión e radio.

  • Cofinanciamento de páxinas web e outras iniciativas baseadas na Internet.

  • Apoio á organización de debates, conferencias, feiras e outros eventos.

Destinatarios

Organizacións con entidade xurídica. As accións deberán executarse nun ou varios Estados membros.

Financiamento

O orzamento total da convocatoria estímase en 5.000.000 euros. O cofinanciamento é obrigatorio, é dicir, o Parlamento Europeo nunca subvencionará o 100% dos custos. As porcentaxes e os límites máximos de financiamento varían en función da convocatoria e do tipo de actuación.

Comentarios

A convocatoria para 2011 xa está pechada. A próxima, para 2012, sairá previsiblemente nos meses de xuño ou xullo. As propostas remítense directamente por correo postal ao Parlamento Europeo.

Enlaces de Interese

Contacto

European Parliament
Directorate-General Communication
Budget Coordination (call for proposals)
MOY 05 T 012
Rue Wiertz, 60
B-1047 Brussels
BELGIUM

Convocatorias

Pechadas

Programa anual de subvencións do Parlamento Europeo: 2008

17/05/2012 -
COMM/2012/FPA - Convocatoria de Propostas para proxectos de televisión, radio, websites e organización de eventos relacionados co Parlamento Europeo

20/06/2012 - IX-2013/01 - Subvencións para os partidos políticos a escala europea 2013

27/06/2012 - IX-2013/02 - Subvencións para as fundacións políticas a escala europea 2013

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante