Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

EMPRESA COMÚN ENIAC

Base Legal

Regulamento 72/2008 do Consello, de 20 de decembro de 2007, polo que se crea a Empresa Común ENIAC (DOUE L 30/21, 04/02/2008).

Duración

Período 2008-2017.

Obxectivos

A Empresa Común ENIAC definirá e executará un programa de investigación para o desenvolvemento de competencias clave destinadas á nanoelectrónica en diferentes eidos de aplicación.

Debe perseguir dous obxectivos que forman parte substancial do Programa Estratéxico de Investigación da Plataforma Tecnolóxica ENIAC: reforzar aínda máis a integración e miniaturización dos dispositivos, e aumentar as súas funcionalidades.

Debe crear tamén novos materiais, equipos e procesos, así como novas arquitecturas, procesos de fabricación innovadores, metodoloxías de deseño «perturbadoras» («disruptive design») e novos métodos de envasado e «sistematización».

Ademais, debe impulsar e ser impulsada polas aplicaciones innovadoras de alta tecnoloxía do campo da comunicación e a informática, o transporte, a asistencia sanitaria e o bienestar, a xestión da enerxía e do medio ambiente, a seguridade e a protección, e o ocio.

Eidos de actuación

Os temas e propostas poderían agruparse en catro grandes áreas:

  1. Avances na mobilidade eléctrica

    Este tema abrangue o desenvolvemento de controladores, sensores e compoñentes especializados para a seguridade dos automóbiles, tecnoloxías de proceso, tecnoloxías SiP e de envasado que satisfagan os requisitos específicos da automoción, metodoloxías de deseño, incluíndo características como a fiabilidade das predicións, a eficiencia enerxética, etc.

  2. Aplicacións dos avances de condución en nodos de tecnoloxía CMOS N e N +1 e os seus derivados, relacionados coas tecnoloxías de embalaxe de deseño, comunicacións inalámbricas, a eficiencia enerxética no deseño e no control das aplicacións, a atención da saúde e a bio detección, etc.

  3. Tecnoloxías de fabricación enerxeticamente eficientes e ecoloxicamente benignas.

  4. Enerxías alternativas e redes de enerxía eficientes.

Destinatarios

Institutos, Centros de Investigación e Universidades do ámbito da iniciativa.

Enlaces de Interese

Contacto

ENIAC Joint Undertaking
Avenue de la Toison d´Or 56-60
1060 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Tel: 00 32 2 221 8102
Fax: 0032 2 541 8247
E-mail: eniac@eniac.europa.eu

AENEAS
(Association for European NanoElectrics ActivitieS)
140 bis rue de Rennes
75006 Paris
FRANCE
Tel.: 00 33 1 40 64 45 80
Fax.: 00 33 1 40 64 45 89
E-mail: contact@aeneas-office.eu

Convocatorias

Pechadas

23/02/2011 - ENIAC 2011-1. Iniciciativa tecnolóxica conxunta sobre nanoelectrónica.

24/06/2011 - ENIAC-2011-2: Convocatoria de propostas referente ao Programa de traballo do ENIAC Joint Undertaking.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante