Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

7º PROGRAMA MARCO EURATOM

Base Legal

Decisión 2006/970/Euratom do Consello, de 18 de dicembro de 2006, relativa ao Séptimo Programa Marco da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (Euratom) de Accións de Investigación e Formación en Materia Nuclear (2007-2011)

Regulamento 1908/2006, de 19 de decembro de 2006, polo que se establecen as normas de participación de empresas, centros de investigación e universidades nas accións do Séptimo Programa Marco da Comunidade Europea da Enerxía Atómica, e as normas de difusión dos resultados da investigación

Duración

Período 2007-2011.

Obxectivos

O 7º Programa Marco Euratom abranguerá as actividades comunitarias de investigación, desenvolvemento tecnolóxico, cooperación internacional, difusión de información técnica e explotación, así como formación.

O obxectivo deste programa é contribuír a explorar todas as posibilidades da enerxía nuclear, tanto de fusión como de fisión, de forma duradeira, facendo aínda máis seguras e económicas as tecnoloxías actuais e indagando sobre novos conceptos prometedores.

Eidos de actuación

O programa abranguerá os seguintes campos:

  1. Investigación sobre a enerxía de fusión

    A finalidade deste apartado é desenvolver a tecnoloxía necesaria para lograr unha fonte de enerxía segura, sustentable, respectuosa do medio ambiente e economicamente viable.

  2. Fisión nuclear e protección contra as radiacións

    Trátase de mellorar, en particular, a seguridade, a eficiencia do consumo de recursos e a relación custo/eficacia, fomentando o uso e explotación seguros da fisión nuclear e outros usos da radiación na industria e na medicina.

Tamén cubrirá as actividades do Centro Común de Investigación no campo da enerxía nuclear.

Destinatarios

Poderán participar empresas, universidades, centros de investigación ou entidades xurídicas establecidas nun Estado membro, nun país asociado ou nun terceiro país.

Socios

Esíxese un mínimo de tres entidades xurídicas de distintos países e independentes entre si. O Centro Común de Investigacións pode participar nestes consorcios.

Financiamento

  • Financiamento da enerxía de fusión

    No eido da investigación sobre a enerxía de fusión, o carácter particular das actividades que se realizan require modalidades específicas de execución. Prestarase axuda económica ás seguintes actividades realizadas:

    1. Os contratos de asociación, cos que se executa parte do programa comunitario de investigación sobre a enerxía de fusión.

    2. O Acordo Europeo para o Desenvolvemento da Fusión (EFDA).

    3. A Empresa Común Europea para o ITER.

    4. Os acordos internacionaies entre Euratom e terceiros países referentes ás actividades no eido da investigación e o desenvolvemento da enerxía de fusión, en particular o Acordo ITER.

    5. Calquera outro acordo multilateral celebrado entre a Comunidade e as entidades asociadas, especialmente o acordo sobre mobilidade do persoal.

    6. As accións de custos compartidos destinadas a fomentar a investigación sobre a enerxía de fusión e contribuír a esta. Están realizadas por organismos dos Estados membros ou terceiros países asociados ao Sétimo Programa Marco, cos que non existe contrato de asociación.


    Tamén poderán levarse a cabo accións para fomentar e desenvolver os recursos humanos, as bolsas e as iniciativas integradas de infraestrutura, así como accións de apoio específicas, especialmente para coordinar a investigación sobre a enerxía de fusión, para facer estudos ao servizo destas actividades e para apoiar as publicacións, os intercambios de información e a formación destinada a facilitar a transferencia de tecnoloxía.

  • Financiamento noutros campos

    1. Proxectos en colaboración: Apoio a proxectos de investigación realizados por consorcios con participantes de diferentes países, destinados a desenvolver novos coñecementos, novas tecnoloxías e produtos ou recursos de investigación comúns.

    2. Redes de excelencia: Apoio a programas de investigación conxuntos executados por varios organismos de investigación que integran as súas actividades nun campo determinado e a cargo de equipos de investigación que traballan mediante formas de cooperación a longo prazo.

    3. Accións de coordinación e apoio: Apoio a actividades destinadas a coordinar ou apoiar a investigación (redes, intercambios, estudos, congresos, etc). Estas accións tamén poderán levarse a cabo mediante medios distintos das convocatorias de propostas.

    4. Accións de fomento e desenvolvemento dos recursos humanos e a mobilidade: Apoio á formación e desenvolvemento das carreiras dos investigadores.

  • Accións directas do Centro Común de Investigación

    A Comunidade levará a cabo unha serie de actividades, executadas polo CCI (Joint Research Centre), que se denominan accións directas.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea
Información de Enerxía Nuclear
Desk. MO 75-5/43
Giuseppe Cottone
R/de la Loi, 200
B -1049-Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Fax: 32-2-295 49 91
E-mail: giuseppe.cottone@cec.eu.int

CIEMAT Fusión Termonuclear
Joaquín Sánchez Sanz
Avda. Complutense, 22
C.P. 28040-Madrid
Tel.: 913 466 387
Fax: 913 466 005
E-mail: joaquin.sanchez@ciemat.es

Convocatorias

Pechadas

20/08/2010 - FP7-Fission-2011. Fisión nuclear e protección contra as radiacións.

17/01/2012 - Convocatoria de propostas no ámbito do Sétimo Programa Marco de Euratom de Accións de Investigación e Formación en Materia Nuclear

10/07/2012 - FP7-Fission-2013 - Fisión nuclear, protección, seguridade e radiación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante