Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRAMA EUROPEO DE INVESTIGACIÓN EN METROLOXÍA (PEIM)

Base Legal

Decisión 912/2009/CE, de 16 de setembro de 2009 relativa á participación da Comunidade nun programa europeo de investigación e desenvolvemento en metroloxía, emprendido por varios Estados Membros.

Duración

Período 2009-2013.

Obxectivos

Persegue a financiación de proxectos transnacionais do PEIM, coa participación de varios socios, que consistan en actividades de investigación, desenvolvemento tecnolóxico, formación e difusión. Tendo en conta a concentración da capacidade no campo da metroloxía, a parte fundamental dos proxectos do PEIM será executada polos Institutos Nacionais de Metroloxía e os Institutos designados.

Eidos de actuación

Prevense:

  • A realización de proxectos PEIM que abordarán actividades de investigación, desenvolvemento tecnolóxico, formación e divulgación.

  • Bolsas para a excelencia dos investigadores.

  • Bolsas para a mobilidade dos investigadores.

  • Bolsas para a mobilidade de mozos investigadores.

  • Apoio limitado a actividades de creación de redes máis amplias co obxecto de promocionar o PEIM e intensificar a súa repercusión.

Destinatarios

Todo Estado membro e todo país asociado ao Séptimo Programa Marco.

Socios

Os Estados participantes (Bélxica, a República Checa, Dinamarca, Alemaña, Estonia, España, Francia, Italia, Hungría, os Países Baixos, Austria, Polonia, Portugal, Rumanía, Eslovenia, Eslovaquia, Finlandia, Sudecia e o Reino Unido, así como Noruega, Suíza e Turquía) e a Comisión poderán aprobar a participación de calquera outro país, sempre que se cumpran os criterios establecidos no artigo 2, letra e), e dita participación estea prevista no acordo internacional correspondente.

Financiamento

A Comunidade aportará, durante o período de duración do séptimo programa marco, unha contribución financeira equivalente á dos Estados participantes, aínda que non superior a 200 millóns de euros, que se pagará con cargo aos créditos do orzamento xeral da UE.

Comentarios

O programa está baseado no artigo 169 do TUE e complementa ao VII Programa Marco de Investigación e Desenvolvemento da UE.

Enlaces de Interese

Contacto

Iniciativa do artigo 169 EMRP
Andy Henson
Xestora do Programa Emrp
EURAMET EMRP Management Support Unit (EMRP-MSU)
NPL, Hampton Road, Teddington,
Middlesex, TX11 OLW
Reino Unido
Tel: +44 (0) 20 8943 6666
Fax: +44 (0) 20 8943 6079
E-mail: emrpa169@npl.co.uk

Convocatorias

Pechadas

04/02/2011 - Investigación en Metroloxía: A saúde, sistema internacional de unidades e TIC´s.

08/02/2011 - Bolsas para a mobilidade de mozos investigadores en temas de Metroloxía

31/03/2011 - Subvencións a investigadores no marco do programa de traballo
do Programa Europeo de Investigación en Metroloxía-PEIM 2010 Fase 3

31/01/2013 - Convocatoria de propostas referente ao Programa Europeo de investigación en Metroloxía (PEIM) conxunto -EMRP 2013

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante