Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA A INTEGRACIÓN DE NACIONAIS DE TERCEIROS PAÍSES

Base Legal

Decisión 2007/435/CE do Consello, de 25 de xuño de 2007 , pola que se establece o ”Fondo europeo para a integración de nacionais de terceiros países” para o período 2007-2013 como parte do programa xeral ”Solidariedade e xestión dos fluxos migratorios”.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O Fondo para a integración de nacionais de terceiros países apoia os esforzos dos Estados membros para permitir que os nacionais de países non comunitarios cumpran os requisitos de residencia e para facilitar a súa integración nas sociedade europea.

Eidos de actuación

Os seus obxectivos específicos son:

  • facilitar a aplicación de procedementos de admisión para integrar a nacionais de terceiros países;
  • desenvolver programas de integración destinados aos nacionais de terceiros países que acaban de chegar á UE;
  • aumentar a capacidade dos Estados membros de desenvolver, aplicar e avaliar as medidas de integración dos nacionais de terceiros países;
  • intercambiar información e mellores prácticas entre os países comunitarios.

Quedan fóra do ámbito de actuación deste programa as iniciativas relacionadas coas personas solicitantes de asilo, refuxiadas ou beneficiarias de protección internacional.

Destinatarios

Os Estados membros agás Dinamarca, que non participa neste programa.

Financiamento

Conta cun orzamento de 825 millóns de euros.

Comentarios

Este programa está destinado fundamentalmente aos estados, que xestionan os fondos a través do organismo correspondente, neste caso a Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración do Ministerio de Traballo e Inmigración.

Enlaces de Interese

Contacto

As solicitudes realízanse a través do sistema PRIAMOS (Programa de Información e Xestión Operativa de Actividades) mediante o que a Dirección Xeral de Xustiza da Comisión Europea proporciona os formularios e canaliza as candidaturas.

Convocatorias

Pechadas

08/11/2010 - Accións comunitarias do Fondo Europeo para a Integración de Nacionais de Terceiros Países (2010)

26/07/2011 - Fondo europeo para a integración de nacionais de terceiros países.-Convocatoria de propostas 2011: HOME/2011/CFP/EIFX/CA.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante