Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA AS FRONTEIRAS EXTERIORES

Base Legal

Decisión nº 574/2007/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de maio de 2007, relativa ao ”Fondo para fronteiras exteriores” para o período 2007-2013 como parte do programa xeral ”Solidariedade e xestión dos fluxos migratorios”.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

Establecer un control e vixilancia eficiente sobre as fronteiras exteriores, xestionar e garantizar o cruce seguro das zonas limítrofes segundo a lexislación de visados actual e mellorar as relacións de cooperación con terceiros países en materia de fluxos de entrada de persoas.

Eidos de actuación

O Fondo recolle:

  • a aplicación de recomendacións e normas operativas que melloren a efectividade do control das fronteiras e a vixilancia dos pasos fronteirizos;

  • a introdución de sistemas de recollida de datos sobre a situación das fronteiras así como dos viaxeiros;

  • establecemento dunha cooperación estrutural e estratéxica entre as autoridades fronteirizas así como promover a mellor formación dos gardas das zonas limítrofes.

Destinatarios

Os Estados membros da UE excepto Reino Unido e Irlanda, mentres que países como Liechtenstein, Noruega, Suíza e Islandia poden participar a través de acordos específicos. Ademais poden adherirse organizacións internacionais, ONG ou axencias europeas.

Financiamento

Dispón dun orzamento de 1.820 millóns de euros.

Comentarios

Estas axudas diríxense fundamentalmente aos estados.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

04/12/2012 - Fondo para as Fronteiras Exteriores 2012 - Accións comunitarias - EXT-BORDERS-FUND-2012

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante