Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Base Legal

Decisión nº 779/2007/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2007, pola que se establece para o período 2007-2013 un programa específico para previre combater a violencia exercida sobre os nenos, os mozos e as mulleres, e protexer ás vítimas e grupos de risco (programa Daphne III) integrado no programa xeral ”Dereitos fundamentais e xustiza”

Decisión nº 1150/2007/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de setembro de 2007, pola que se establece para o período 2007-2013 o programa específico de ”Información e prevención en materia de drogas” como parte do programa xeral ”Dereitos fundamentais e xustiza”.

Decisión 200/252/JAI do Consello, do 19 de abril de 2007, pola que se establece para o período 2007-2013 o programa específico ”Dereitos fundamentais e cidadanía”, integrado no programa xeral ”Dereitos fundamentais e xustiza”.

Decisión nº 1149/2007/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de setembro de 2007, pola que se establece para o período 2007-2013 o programa específico ”Xustiza civil”, integrado no programa xeral
”Dereitos fundamentais e xustiza”.


Decisión 2007/126/JAI do Consello, do 12 de febreiro de 2007, pola que se establece para o período 2007-2013 o programa específico ”Xustiza penal”, integrado no programa xeral ”Dereitos fundamentais e xustiza”.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O Programa de Dereitos Fundamentais e Xustiza promove o desenvolvemento dunha sociedade europea baseada na cidadanía da UE respectuosa cos dereitos fundamentais, loitando contra o antisemitismo, o racismo e a xenofobia. O programa contribuirá á instauración dunha área de liberdade, seguridade e xustiza que combata a violencia e preveña a drogodependencia. Ademais, busca fomentar a cooperación xudicial co obxectivo de crear unha área xenuína europea de xustiza tanto en asuntos civís e mercantís como no ámbito da xustiza penal.

Eidos de actuación

Este programa inclúe 5 instrumentos:

  • Daphne III: centra os seus esforzos na protección da infancia, a xuventude e as mulleres contra toda forma de violencia, nomeadamente a explotación sexual e a trata de persoas, mediante a adopción de medidas preventivas e o apoio e protección a vítimas e grupos de risco.

  • Prevención e información sobre as drogas: ten como finalidade a prevención e reducción do consumo de drogas e dos seus efectos nocivos.

  • Dereitos fundamentais e cidadanía: creado para promover e desenvolver unha sociedade europea baseada no respecto aos dereitos fundamentais, reforzar a sociedade civil e fomentar un diálogo aberto e transparente, combater o racismo, a xenofobia e o antisemitismo.

  • Xustiza civil: promove a eliminación dos obstáculos que xeran disparidades nas disposicións e procedementos de Dereito Civil alentando a aproximación das lexislacións, facilitando a vida diaria así como as transaccións comerciais e garantindo a seguridade xurídica e o acceso á xustiza. Asemade, preténdese favorecer o coñecemento recíproco, o intercambio de información e a creación de redes que poñan en contacto a profesionais e autoridades xudiciais e administrativas así como a formación dos membros da xudicatura.

  • Xustiza penal: este programa pretende promover a cooperación xudicial co obxecto de acadarmos un Espazo Xudicial Común Europeo en materia penal baseado na confianza e o recoñecemento mutuos facendo compatibles as regras aplicables nos distintos Estados membros.

Destinatarios

Os Estados membros, as organizacións e institucións públicas ou privadas e as autoridades públicas e profesionais que desenvolvan as súas actividades dentro do ámbito de aplicación de cada un dos programas de referencia.

Socios

Cada programa especifica nas súas convocatorias o número e características dos socios.

Financiamento

O seu orzamento é de 543 millóns de Euros para o conxunto do Programa Marco: 114 millóns para Daphne III; 21 millóns para Prevención e información sobre as drogas; 93 millóns para Dereitos fundamentais e cidadanía; 100 millóns para o programa de Xustiza civil; e 196 para Xustiza penal.

Comentarios

A Dirección Xeral de Xustiza proporciona os formularios e recibe as solicitudes a través do sistema operativo PRIAMOS (Programa de Información e Xestión Operativa de Actividades). Non se admitirá documentación remitida mediante outro sistema.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

Programa específico Xustiza Civil. Proxectos específicos transnacionais

Programa Xustiza Penal. Proxectos específicos nacionais e transnacionais

Programa DAPHNE III (2007-2013). Convocatoria 2008-1.

Dereitos Fundamentais e Cidadanía 2007

08/06/2010 - Convocatoria de propostas para proxectos de e-Xustiza no marco do Programa Xustiza Penal

11/06/2010 - Convocatoria de propostas para proxectos nacionais e transnacionais no marco do Programa Xustiza Penal

16/06/2010 - Convocatoria de propostas para proxectos transnacionais no marco do Programa Xustiza Civil

22/06/2010 - Convocatoria de propostas para proxectos de formación en dereito europeo da competencia para xuízes e de cooperación xudicial entre xuízes nacionais no marco do Programa Xustiza Civil

04/10/2010 - JUSTICE/2011/DPIP/OG Programa de Información e Prevención en Materia de Drogas

04/10/2010 - Dereitos Fundamentais e Cidadanía 2010

30/10/2010 - JUST/2010/FRaC/OG. Dereitos Fundamentais e Cidadanía. Apoio ás actividades de ONGs e outras organizacións.

03/12/2010 - Programa de traballo 2011 do programa específico Dereitos Fundamentais e Cidadanía.

03/02/2011 - Formación de xuíces nacionais en Dereito da Competencia da UE e cooperación xudicial entre xuíces nacionais

30/11/2011 - JUST/2011-2012/JPEN/AG - Dereitos Fundamentais e Xustiza

30/11/2011 - JUST/2011-2012/FRC/AG - Programa de Dereitos Fundamentais e Cidadanía 2012 - Proxectos Transnacionales específicos

17/01/2012 - JUST/2011-2012/DPIP/AG - Programa de Información e Prevención en materia de Drogas ”Subvencións de acción”

16/02/2013 - Convocatoria de Propostas - Formación dos xuices nacionais en dereito da competencia europea e cooperación xudicial entre xuices nacionais - Training of national judges – 2013

22/03/2013 - Convocatoria de propostas - Programa Específico Xustiza civil - JUST/2013/JCIV/AG

22/03/2013 - Convocatoria de propostas - Programa Específico Xustiza penal - JUST/2013/JPEN/AG

08/05/2013 - Prevención e Información en materia de Drogas - Subvencións para accións - JUST/2013 / DPIP / AG

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante