Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

SEGURIDADE E DEFENSA DAS LIBERDADES: PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A DELINCUENCIA

Base Legal

Decisión 2007/125/JAI do Consello, de 12 de febreiro de 2007, pola que se establece para o período 2007-2013 o programa específico ”Prevención e loita contra a delincuencia”, integrado no programa xeral ”Seguridade e defensa das liberdades”.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O programa contribuirá a garantir a seguridade dos cidadáns mediante a prevención e loita contra a delincuencia, organizada o doutro tipo, o terrorismo, a trata de seres humanos, os delitos cometidos contra nenos, o tráfico de drogas, o tráfico de armas, a corrupción e a fraude.

Eidos de actuación

O programa cubre as seguintes accións:

  • prevención da delincuencia: alentar, promover e desenvolver os métodos e instrumentos necesarios para unha estratexia de prevención e loita contra a delincuencia e de garantía da seguridade da orde pública;

  • represión do delito: promover e intensificar a coordinación, a cooperación e o coñecemento mutuo entre as forzas de seguridade, outras autoridades nacionais e os servizos competentes da Unión Europea no que se refire ás prioridades sinaladas polo Consello, en particular, as que figuran na avaliación da ameaza da delincuencia organizada de Europol;

  • protección e apoio ás testemuñas: promover e desenvolver as mellores prácticas en materia de protección e apoio ás testemuñas;

  • protección das vítimas: e promover e desenvolver as mellores prácticas en materia de protección das vítimas do delito.

Destinatarios

O programa vai dirixido ás forzas de seguridade e outros organismos, institucións ou operadores públicos ou privados, autoridades locais, rexionais e nacionais, interlocutores sociais, universidades, oficinas estatísticas, organizacións non gobernamentais, asociacións dos sectores público e privado e organismos internacionais competentes.

Socios

Os proxectos transnacionais deberán contar coa participación de dous Estados membros, como mínimo, ou dun Estado membro e outro país, que poderá ser un país adherente ou candidato.

Financiamento

Conta con 600 millóns de euros para todo o período, dos que 109 correspóndenlle ao 2011. Cada convocatoria estipulará o nivel máximo de financiamento para cada actuación do programa.

Comentarios

A convocotaria de propostas xeral sairá, previsiblemente, o próximo verán.

Enlaces de Interese

Contacto

European Commission
Directorate-General Home Affairs
Unit A4 Financial support – Internal Security
Office LX-46 6/020
B-1049 Brussels

Para obter máis información enviar un correo á dirección JLS-ISEC@ec.europa.eu

Convocatorias

Pechadas

26/06/2013 - Convocatoria de Propostas - Prevención e loita contra a delincuencia. Tráfico de seres humanos - DELINCUENCIA

23/07/2013 - Prevención e xestión das consecuencias do terrorismo - SEGURIDADE

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante