Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

SEGURIDADE E DEFENSA DAS LIBERDADES: PREVENCIÓN, PREPARACIÓN E XESTIÓN DAS CONSECUENCIAS DO TERRORISMO E DOUTROS RISCOS EN MATERIA DE SEGURIDADE

Base Legal

Decisión 2007/124/CE do Consello, de 12 de febreiro de 2007, pola que se establece para o período 2007-2013 o programa específico ”Prevención, preparación e xestión das consecuencias do terrorismo e de outros riscos en materia de seguridade”, integrado no programa xeral ”Seguridade e defensa das liberdades”.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O programa contribuirá a apoiar os esforzos dos Estados membros na prevención e preparación, así como na protección das persoas e as infraestructuras estratéxicas, fronte ás ameazas terroristas e outros riscos. Inclue ademais a protección en ámbitos como a xestión de crises, o medio ambiente, a sanidade pública, os transportes, a investigación e o desenvolvemento tecnolóxicos e a cohesión económica e social.

Eidos de actuación

No tocante á prevención e preparación fronte aos riscos asociados ao terrorismo e ou outras ameazas, o programa terá como obxectivo protexer ás persoas e ás infraestructuras estratéxicas mediante as seguintes fórmulas:

  • alentar, promover e apoiar as avaliacións dos riscos que pesan sobre as infraestructuras críticas, co fin de aumentar a seguridade;

  • alentar, promover e apoiar a elaboración de metodoloxías para a protección das infraestructuras críticas, en particular metodoloxías para la avaliación de riscos;

  • promover e apoiar medidas operativas compartidas para mellorar a seguridade das cadeas transfronteirizas de subministro, sempre que con elo non se distorsionen as normas da competencia no mercado interior.

  • promover e apoiar a elaboración de normas de seguridade, así como o intercambio de coñecementos técnicos e experiencias no ámbito da protección das persoas e as infraestruturas vitais;

  • promover e apoiar a cooperación e coordinación a escala comunitaria no ámbito da protección das infraestructuras estratégicas.

Destinatarios

Organizacións con ou sen ánimo de lucro dotadas de personalidade xurídica e establecidas nalgún dos Estados membros. Nos proxectos transnacionais, os terceiros países e as organizacións internacionais estarán autorizados a participar en calidade de socios, pero non a presentar proxectos.

Socios

Cada convocatoria establece os requisitos necesarios, pero como normal xeral requírese un mínimo de dous Estados membros ou un Estado membro máis un terceiro país, ben sexa adherente ou candidato.

Financiamento

O orzamento para todo o período é de 140 millóns de euros.

Comentarios

A convocatoria 2011 publicarase en marzo.

Enlaces de Interese

Contacto

European Commission
Directorate-General for Justice, Freedom and Security
Directorate F - Security
Unit F4 - Financial Support - Security
Office LX46 06/020
B-1049 Brussels

Para solicitar información poden mandar un correo a esta dirección JLS-CIPS@ec.europa.eu.

Convocatorias

Pechadas

Proxectos transnacionais de prevención da violencia exercida contra as mulleres, os mozos e os nenos. Convocatoria de propostas

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante