Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA O RETORNO

Base Legal

Decisión nº 575/2007/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de maio de 2007, pola que se establece o ”Fondo europeo para o retorno” para o período 2008-2013 como parte do programa xeral ”Solidariedade e xestión dos fluxos migratorios”.

Duración

Período 2008-2013.

Obxectivos

O Fondo apoia os esforzos dos Estados membros para os casos de retorno de cidadáns a través da súa xestión integrada, outorgándolle prioridade ao retorno voluntario.

Eidos de actuación

O Fondo contempla:

  • a mellora da organización e execución da xestión integrada do retorno polos Estados membros;

  • o reforzo da cooperación entre países comunitarios;
  • a aplicación uniforme e eficaz das normas comúns sobre o retorno.

Algúns exemplos de medidas subvencionables son: información a nacionais de terceiros países sobre o retorno, asesoramento sobre as opcións de retorno, asistencia específica para persoas vulnerables, gastos de chequeos médicos, gastos de viaxe e alimentos para os retornados, acompañamento (incluíndo persoal médico e intérpretes), educación e formación de persoal e, se é apropiado, no país de orixe, formación e incentivos para a asistencia dos retornados.

Destinatarios

Todos Estados membros, excepto Dinamarca.

Financiamento

Conta 676 millóns de euros para todo o período, do que 47 se reservan a accións comunitarias.

Comentarios

Os destinatarios destas convocatorias son fundamentalmente os estados.

Enlaces de Interese

Contacto

EUROPEAN COMMISSION
DG Justice, Freedom and Security - Unit C.4
RETURN Fund – Community Actions 2009
Office LX-46 08/101
B – 1049 BRUSSELS

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante