Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA REFUXIADOS

Base Legal

Decisión No 573/2007/EC do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de maio de 2007, pola que se establece o ”Fondo europeo para os refuxiados” para o período 2008-2013 como parte de programa xeral ”Solidariedade e xestión dos fluxos migratorios” e pola que se deroga a Decisión 2004/904/CE do Consello.

Duración

Período 2008-2013.

Obxectivos

O Fondo propónse mellorar as condicións de acollida dos refuxiados, desprazados ou receptores da protección internacional defendendo os seus dereitos e favorecendo a concesión de asilo.

Eidos de actuación

O Fondo apoia as seguintes actuacións por parte dos estados:

  • mellorar as condicións de acollida e simplificar o procedemento de asilo;

  • favorecer a integración das persoas que leven residindo nun país comunitario de forma estable e duradeira;

  • reforzar o desenvolvemento, supervisión e avaliación das políticas de asilo dos Estados membros e mellorar a cooperación entre eles nesta materia con vistas ao establecemento dunha política de acollida comunitaria;

  • ”reasentamento” dos cidadáns desprazados de xeito que se lle permite residir nun Estado membro en calidade de ”refuxiado” ou con outro estatuto similar.

Destinatarios

Todos os Estados membros a excepción de Dinamarca. Poden adscribirse ás convocatorias do Fondo autoridades nacionais, rexionais ou locais, universidades, ONG e organizacións internacionais con experiencia na materia.

Financiamento

Conta con 628 millóns de euros de orzamento, dos que 62 se reservan para accións comunitarias, especialmente para as que propulsen a cooperación entre estados.

Enlaces de Interese

Contacto

Las solicitudes deben enviarse a través del sistema operativo PRIAMOS (Programa de Información y Gestión Operativa de Actividades) mediante el que se adquieren los formularios y gestionan las candidaturas.

Convocatorias

Pechadas

14/10/2010 - Fondo Europeo para os Refuxiados III - Convocatoria 2010

15/06/2011 - Convocatoria de subvencións para programas financiados polo Fondo Europeo para os refuxiados e polo Fondo Social Europeo no exercizo 2011

26/07/2011 - Accións comunitarias do Fondo para Refuxiados: HOME/2011/CFP/ERFX/CA

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante