Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRAMA DE CONSUMIDORES

Base Legal

Regulamento (UE) nº 254/2014, de 26 de febreiro de 2014, sobre o Programa plurianual dos Consumidores para o período 2014-2020

Duración

2014-2020

Obxectivos

• Garantir un elevado nivel de protección dos consumidores, capacitalos e situalos no centro do mercado interior no marco dunha estratexia xeral para un crecemento intelixente, sostible e integrador. O programa contribuirá a esta meta mediante a protección da saúde, a seguridade e os intereses xurídicos e económicos dos consumidores;

• Promover o dereito dos consumidores á información, á educación e a organizarse para salvagardar os seus intereses, apoiando a integración de tales intereses noutros ámbitos de actuación;

• Complementar, apoiar e facer un seguimento das políticas de protección dos consumidores nos Estados membros.

Eidos de actuación

1. Seguridade: accións para consolidar e mellorar a seguridade dos produtos a través dunha vixilancia efectiva do mercado de toda a Unión, especialmente a través do sistema da UE de alerta rápida, que notifica a detección de produtos de consumo perigosos (RAPEX);

2. Información e educación dos consumidores, e apoio ás organizacións europeas de consumidores;

3. Dereitos e vías de reclamación: accións que desenvolvan e reforcen os dereitos dos consumidores, especialmente a través dunha intervención lexislativa intelixente, e melloren o acceso a vías de reclamación sinxelas, eficientes e de baixo custo, entre as que se inclúan mecanismos de resolución alternativa de litixios;

4. Actividades de apoio aos organismos nacionais competentes en materia de consumo, especialmente as destinadas a fomentar a cooperación entre eles, incluído o papel dos centros europeos do consumidor, presentes en todos os Estados membros e cun papel activo de asesoramento neste eido.

Destinatarios

• Organizacións de consumidores a escala europea que cumpran os seguintes requisitos:

1. ser non gobernamentais, sen ánimo de lucro e independentes de calquera conflito de interese, e ter como obxectivos tanto o fomento e a protección da saúde como a seguridade e os intereses económicos e xurídicos dos consumidores da Unión Europea;

2. posuír un mandato para representar os intereses dos consumidores europeos outorgado polas organizacións nacionais de consumidores de polo menos a metade dos Estados membros.

• Organismos internacionais que promovan principios e políticas que contribúan a alcanzar os obxectivos do programa.

• Organismos no ámbito da UE que coordinen as accións de execución no eido da seguridade dos produtos.

• Organismos radicados na UE que desenvolvan códigos deontolóxicos, mellores prácticas e directrices para a comparación de prezos, a calidade e a sostibilidade dos produtos.

• Os poderes públicos dos Estados membros responsables dos asuntos relativos aos consumidores e o persoal das súas administracións encargado da execución do programa.

• Organismos designados por un Estado membro que sexan entidades sen ánimo de lucro seleccionadas mediante un proceso transparente, ou ben organismos públicos, así como os órganos de xestión de reclamacións establecidos que exercen a súa actividade nos Estados membros.

Financiamento

189 millóns de euros.

Os limiares máximos establecidos para as subvencións da UE segundo o tipo de actividades financiadas serán os seguintes:

• 50% dos custos subvencionables, nos seguintes casos:

- subvencións para o funcionamento das asociacións de consumidores a escala europea;

- subvencións de funcionamento destinadas a organismos internacionais;

- subvencións para o funcionamento de organismos que desenvolvan códigos deontolóxicos, mellores prácticas e directrices para a comparación de prezos, a calidade e a sostibilidade dos produtos;

- subvencións de actuación para órganos de xestión de reclamación dos consumidores;

- subvencións de actuación destinadas aos poderes públicos dos Estados membros responsables dos asuntos de consumidores (agás as accións de interese excepcional, cuxo límite será o 70%).

• 70% dos custos subvencionables no caso das subvencións destinadas á actuación de organismos designados por un Estado membro.

• 95% dos custos subvencionables no caso dos organismos no ámbito da UE que coordinen as accións de execución relativas á seguridade dos produtos.

Ademais das accións subvencionables sinaladas, a Unión Europea poderá destinar un máximo do 12% do Programa de Consumidores a un conxunto de actividades relacionadas coa asistencia técnica e administrativa que inclúen as actividades preparatorias, de seguimento, control, auditoría e avaliación do programa.

Comentarios

As licitacións e convocatorias de propostas publícanse na páxina da Axencia Executiva de Consumo, Sanidade e Alimentación (CHAFEA, nas súas siglas en inglés), na que se pode consultar tamén o programa de traballo plurianual que recolle as prioridades de financiamento e o calendario de execución anual do programa.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea, Dirección Xeral de Sanidade e Consumidores (DG SANCO)

4 Rue Breydel ou 101 Rue Froissart, 1040 Bruxelas. Bélxica

Centro Europeo del Consumidor en España

C/ Príncipe de Vergara, 54, 28006 - Madrid

cec@consumo-inc.es

Convocatorias

Pechadas

18/07/2014 - Convocatoria de Propostas - Acción Común - Directiva sobre seguridade xeral de produtos - CONS-GPSD-2014

08/08/2014 - Convocatorias de axudas económicas para o funcionamento dunha organización de consumidores a nivel da Unión - CONS-EUORG-2014

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante