Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA POLÍTICA DE CONSUMO

Base Legal

Decisión (CE) 1926/2006 do Consello e o Parlamento Europeo, do 18 de decembro de 2006, pola que se constitúe o marco financeiro da política de consumo comunitaria.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

  • Asegurar un alto nivel de protección dos consumidores, sobre todo mediante o aumento da información ao consumidor en relación aos datos, mellores consultas e mellor representación dos intereses dos consumidores.

  • Asegurar a efectiva aplicación das normas de protección dos consumidores, sobre todo a través da cooperación entre autoridades e organizacións responsables da posta en práctica da lexislación de consumo, información, educación e resolución de conflitos.

Eidos de actuación

  • Recolección, intercambio e análise dos datos e información que provea un coñecemento de base para o desenvolvemento da política de consumidores, e para a integración dos intereses de consumo noutras políticas comunitarias.

  • Recolección, intercambio e análise dos datos e información, e desenvolvemento da avaliación das ferramentas que provean un coñecemento de base na seguridade dos produtos e servizos de consumo, incluíndo exposicións de consumo das emisións químicas dos produtos, riscos e danos en relación con específicos produtos e servizos de consumo, e análises técnicas sobre as notificacións de alerta.

  • Apoio ao asesoramento científico e á avaliación de riscos, incluíndo as tarefas dos comités científicos independentes establecidos pola Decisión 2004/210/CE da Comisión.

  • Preparación de iniciativas lexislativas e outras iniciativas reguladoras e promoción das iniciativas co-reguladoras e autorreguladoras.

  • Contribucións financeiras ao funcionamento das organizacións europeas en materia de consumo.

  • Contribucións financeiras ao funcionamento das organizacións europeas en materia de consumo que representen intereses de consumo no desenvolvemento dos niveis de calidade dos produtos e servizos a nivel comunitario.

  • Capacidade de construción polas organizacións de consumidores a nivel rexional, estatal e europeo, sobre todo a través da formación e o intercambio de boas prácticas e habilidades para membros do persoal, en particular para organizacións de consumidores nos Estados membros que accederon á Unión Europea en 2004 ou posteriormente.

  • Accións para aumentar a efectiva aplicación da lexislación comunitaria de protección dos consumidores.

  • Habilidade legal e técnica, incluíndo estudos para a xestión e avaliación da transposición, posta en práctica e aplicación da lexislación de protección dos consumidores por parte dos Estados membros.

  • Accións de información, asesoramento e reparación.

  • Accións de educación en materia de consumo.

Destinatarios

Entidades públicas e entidades sen ánimo de lucro designadas mediante un procedemento transparente por un Estado membro ou por unha autoridade competente de acordo coa Comisión, institucións de educación superior dos Estados membros ou de terceiros países, estudantes e profesores que participen en Mestrías europeas en asuntos de consumidores, etc.

Financiamento

156,8 millóns de euros.

Enlaces de Interese

Contacto

COMISIÓN EUROPEA
Dirección Xeral de Saúde e Consumidores
B-1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Convocatorias

Pechadas

25/03/2011 - Accións conxuntas entre as autoridades nacionais na aplicación da lexislación de consumo

25/03/2011 - Accións conxuntas de vixilancia da seguridade de productos non alimentarios

16/04/2013 - Cooperación entre as autoridades nacionais encargadas da evaluación, vixilancia do mercado e da aplicación da seguridade en produtos e servizos non alimenticios – EAHC/2013/CP7GPSD-JA

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante