Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA

Base Legal

Decisión do Parlamento Europeo e do Consello pola que se establece un segundo programa de acción comunitaria no ámbito da saúde (2008-2013)

Duración

Período 2008-2013.

Obxectivos

En termos xerais, este programa contribuirá a crear sinerxias con outras políticas e programas comunitarios. Os tres grandes obxectivos son:

  1. Mellorar a seguridade sanitaria dos cidadáns.

  2. Promover a saúde para aumentar a prosperidade e a solidariedade.

  3. Xerar e difundir coñecementos sobre a saúde.

Eidos de actuación

  • Mellorar a seguridade sanitaria dos cidadáns: tomaranse medidas para protexer aos cidadáns contra as ameazas para a saúde e traballarase por desenvolver as capacidades da UE e dos Estados membros para responder ante as ameazas. Igualmente, contemplaranse medidas no ámbito da seguridade do paciente e da lexislación comunitaria en materia de sangue, tecidos e células.


  • Promover a saúde para aumentar a prosperidade e a solidaridade: tomaranse medidas a fin de fomentar o envellecemento activo e con boa saúde e de reducir as desigualdades en materia sanitaria. O programa incluirá medidas que fomenten a cooperación entre sistemas sanitarios en aspectos transfronteirizos tales como a mobilidade dos pacientes e dos profesionais sanitarios. Contemplaranse medidas relativas a factores determinantes da saúde como a nutrición, o alcol, o tabaco e mailo consumo de drogas, así como a calidade da contorna social e físico.


  • Xerar e difundir coñecementos sobre saúde: adoptaranse medidas que favorezan o intercambio de coñecementos e boas prácticas en ámbitos nos que a Comunidade poida aportar un auténtico valor engadido ao reunir os coñecementos especializados de distintos países, como ocorre coas enfermidades pouco comúns ou nos temas transfronteirizos relacionados coa cooperación entre os sistemas sanitarios. Tamén se abordarán outros temas clave de interese común para todos os Estados membros, como a saúde mental. Prevense así mesmo medidas que amplíen o sistema de seguimento da saúde da UE e permitan desenvolver indicadores e ferramentas neste campo, así como mecanismos que permitan difundir información aos cidadáns de maneira facilmente accesible, tales como o portal da saúde.

Financiamento

321,6 millóns de euros.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

Convocatoria 2010 de propostas de proxectos no marco do segundo programa de acción comunitaria no ámbito da saúde

Convocatoria 2010 de propostas de accións conxuntas no marco do segundo programa de acción comunitaria no ámbito da saúde

Convocatoria 2010 de contribucións financeiras para a realización de conferencias no ámbito da saúde pública e a avaliación do risco no marco do segundo programa de acción comunitaria no ámbito da saúde.

Convocatoria 2010 de subvencións de funcionamento no marco do segundo programa de acción comunitaria no ámbito da saúde.

Convocatoria de propostas pola que se outorgará unha contribución financeira para accións concretas en forma de conferencias no ámbito da saúde pública

Convocatoria de propostas pola que se outorgará unha contribución financeira para accións concretas en forma de proxectos no ámbito da saúde pública

Convocatoria de propostas pola que se outorgará unha contribución financeira para o funcionamento de organismos non gobernamentais e redes especializadas no ámbito da saúde

Convocatoria de propostas pola que se outorgará unha contribución financeira para o desenvolvemento de accións conxuntas no ámbito da saúde pública

FP7-HEALTH-2009-two-stage

FP7-Health-2009-single-stage

03/03/2011 - Convocatoria 2011 de financiamento no marco do segundo programa de acción comunitaria no eido da saúde.

08/12/2011 - Convocatoria 2012 de propostas de accións conxuntas no marco do segundo programa de acción comunitaria no ámbito da saúde

20/02/2012 - EAHC/2012/CP/GPSD-JA - Cooperación entre as autoridades nacionais encargadas da avaliación, vixilancia do mercado e a aplicación da seguridade en produtos e servizos non alimenticios

20/02/2012 - EAHC/2012/CP/CPC-JA - Cooperación entre as autoridades nacionais encargadas da aplicación das leis de protección do consumidor

20/03/2012 - SANCO 2012/10293 - Proxecto piloto sobre Rede Europea para o Benestar dos Animais

20/12/2012 - Accións conxuntas no ámbito da saúde 2013 - Saúde 2013 – Joint Actions

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante