Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INSTRUMENTO DE AXUDA Á PREADHESIÓN (IPA)

Base Legal

Regulamento (CE) nº 1085/2006 do Consello de 17 de xullo de 2006 polo que se establece un Instrumento de Axuda á Preadhesión (IPA).

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O IPA concibiuse para responder da mellor maneira posible ás necesidades dos países beneficiarios no marco da preadhesión e ten por obxecto principal apoiar o reforzo das institucións e do Estado de Dereito, os dereitos humanos, incluídas as liberdades fundamentais, os dereitos das minorías, a igualdade de sexos e a non discriminación, as reformas tanto administrativas como económicas, o desenvolvemento económico e social, a reconciliación e a reconstrución, así coma a cooperación rexional e transfronteiriza.

Eidos de actuación

O IPA está constituído por cinco compoñentes, que inclúen as prioridades definidas en función das necesidades dos países beneficiarios.

Dous compoñentes refírense ao conxunto dos países beneficiarios:

  • «axuda á transición e ao desenvolvemento institucional», destinado a financiar o reforzo das capacidades e as institucións;

  • «cooperación transfronteiriza», que ten como obxectivo soster os países beneficiarios no eido da cooperación transfronteiriza, entre eles, cos Estados membros, ou no marco de accións transnacionais ou interrexionais.

Os tres últimos compoñentes refirense soamente aos países candidatos:

  • «desenvolvemento rexional»: ten por obxecto axudar ao país a aplicar a política comunitaria de cohesión, máis concretamente ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión;

  • «desenvolvemento dos recursos humanos»: preparación á política de cohesión y ao Fondo Social Europeo;

  • «desenvolvemento rural»: preparación á Política Agrícola Común e ás políticas conexas, así como ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rexional (FEADER).

Destinatarios

A axuda facilítase no marco das asociacións europeas de países potencialmente candidatos e das asociacións para a adhesión dos países candidatos que, nestes momentos, engloban aos países dos Balcáns Occidentais e aTurquía.

Os países beneficiarios clasificanse en dúas categorías atendendo ao seu estatuto de candidatos á adhesión ou de candidatos potenciais do proceso de estabilización e asociación, é dicir:

Países candidatos (anexo 1 do Regulamento): Antiga República Iugoslava de Macedonia, Croacia e Turquía.

Países candidatos potenciais, tal como foran definidos polo Consello Europeo de Santa Maria da Feira o 20 de xuño de 2000 (anexo 2 do Regulamento): Albania, Bosnia e Herzegovina, Montenegro e Serbia [incluído Kosovo segundo o estatuto definido pola Resolución 1244 do Consello de Seguridade da ONU].

Comentarios

Desde xaneiro de 2007, o Instrumento de Axuda á Preadhesión (IAP) substitúe varios programas e instrumentos financeiros da Unión Europea para os países candidatos ou candidatos potenciais á adhesión á UE: PHARE, PHARE CBC, ISPA, SAPARD, CARDS e o Instrumento financeiro para Turquía.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

Apoyo a acciones de asociación entre organizaciones culturales

Programa de asociación socioeconómica.

Diálogo coa Sociedade Civil en Turquía: Cultura e artes

20/01/2011 - PRINCE 2010-UE27

01/03/2011 - Accións para o empoderamento das mulleres na rexión dos Balcáns

17/05/2012 - EuropeAid/132915/L/ACT/ME - Convocatoria de propostas - Esquema de apoio a países (CBSS) - Montenegro

25/05/2012 - EuropeAid/133086/M/ACT/TR - Mejora de la calidad de la educación profesional y técnica en Turquía

01/02/2013 - Convocatoria de propostas - Estruturas de apoio a Organizacións da Sociedade Civil no plano rexional - Croacia - EuropeAid/133646/M/ACT/HR

08/02/2013 - Convocatoria restrinxida de propostas - Instrumento para a Sociedade Civil - Medioambiente e Cambio Climático - Bosnia e Hercegovina - EuropeAid/134062/L/ACT/BA

15/02/2013 - Convocatoria de propostas - Apoio aos interlocutores sociais - Kosovo - EuropeAid/134093/L/ACT/XK

20/02/2013 - Convocatoria restrinxida de propostas - Programa de subvencións da UE para o norte de Kosovo - EuropeAid/134020/L/ACT/XK

20/05/2013 - III Convocatoria de propostas para o Diálogo da Sociedade Civil entre a UE e Turquía

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante