Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Base Legal

Regulamento (CE) nº 1889/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de decembro de 2006, polo que se establece un instrumento financeiro para a promoción da democracia e dos dereitos humanos a escala mundial.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

  • Afianzar o respecto aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, consolidar a democracia, apoiar os defensores dos dereitos humanos e as vítimas da represión e a violencia e reforzar tanto á sociedade civil activa como as súas organizacións no ámbito dos dereitos humanos e o fomento da democracia.

  • Apoiar e consolidar os marcos internacional e rexional neses eidos.

  • Afianzar a confianza e fiabilidade dos procesos electorais. Para iso realizaranse misións de observación das eleccións e soporte ás organizacións da sociedade civil local que participan nos devanditos procesos.

Eidos de actuación

  • A protección e fomento da democracia participativa e representativa, a través das diversas organizacións da sociedade civil. Fomentarase a confianza nos procesos electorais a través do envío de misións de observación de eleccións da Unión Europea, contribuíndo ao desenvolvemento da capacidade de observación electoral por parte das organizacións da sociedade civil.

  • A protección dos dereitos humanos e liberdades fundamentais: apoiando aos organismos internacionais e rexionais que actúan neste ámbito, fomentando a cooperación da sociedade civil con organizacións intergobernamentais e promovendo a observancia do dereito humanitario internacional.

Tamén serán tidos en conta outros temas transversais como a igualdade de xénero, os dereitos do neno, dos pobos indíxenas, das persoas con discapacidade; e principios como a emancipación, a participación, a non discriminación dos grupos vulnerables e a responsabilidade democrática.

As medidas de axuda mencionadas no presente Regulamento deberán executarse no territorio de terceiros países ou terán que estar directamente relacionadas con situacións en terceiros países ou medidas a escala global ou rexional.

Destinatarios

As persoas físicas ou xurídicas nacionais ou establecidas nun Estado membro da Unión, nun país en vías de adhesión ou candidato oficial recoñecido pola Unión Europea, ou nun Estado membro do Espazo Económico Europeo:

  • As organizacións da sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro e as fundacións políticas independentes, as comunidades, axencias, institucións e organizacións sen ánimo de lucro do sector privado e as redes correspondentes a nivel nacional, rexional e internacional.

  • As axencias, as institucións e as organizacións e redes do sector público de carácter non lucrativo a nivel local, nacional, rexional e internacional.

  • Os organismos parlamentarios a nivel nacional, rexional e internacional, cando sexa necesario para acadar os obxectivos do presente instrumento e sempre que a medida proposta poida financiarse no marco dun instrumento comunitario de axuda exterior afín.

  • As organizacións intergobernamentais de carácter internacional e rexional.

  • As persoas físicas cando sexa necesario para acadar os obxectivos deste regulamento.

Poderán financiarse outros organismos ou actores, con carácter excepcional e en casos debidamente xustificados, sempre que sexa necesario para acadar os obxectivos do presente regulamento.

Financiamento

O instrumento conta cun orzamento de 1.104 millóns de euros para o período 2007-2013.

O financiamento comunitario poderá adoptar as seguintes formas:

  • Proxectos e programas.

  • Subvencións para financiar proxectos presentados por organizacións intergobernamentais internacionais e rexionais.

  • Subvencións de baixo importe a defensores dos dereitos humanos.

  • Subvencións para financiar os custos operativos da Oficina do Alto Comisionado das nacións Unidas para os Dereitos Humanos.

  • Subvencións para apoiar custos de funcionamento do Centro Interuniversitario Europeo de Dereitos Humanos e Democratización (EIUC, e o programa de bolsas UE-ONU, así como outras actividades de educación, formación e investigación que promovan os dereitos humanos e a democratización.

  • Contribucións a fondos internacionais.

  • Recursos humanos e materiais para a aplicación efectiva de misións de observación de eleccións realizadas pola Unión Europea.

  • Contratos públicos.

Comentarios

Este instrumento enmárcase dentro da política comunitaria de cooperación ao desenvolvemento e da cooperación económica, financeira e técnica con terceiros países.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

Afianzando o respecto polos dereitos humanos e liberdades fundamentais nos países onde máis están en risco

Instrumento europeo para a promoción da democracia e os Dereitos Humanos, programa Venezuela 2009/2010

Instrumento Europeo para a Promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Programa de apoio a Arxentina

Apoio ás accións a favor da democracia e os dereitos humanos no eido da tortura e os malos tratos

Instrumento Europeo para a Promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Panamá.

Instrumento Europeo para a Promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Venezuela

Instrumento Europeo para a promoción da democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Nicaragua.

Instrumento Europeo para a Promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Panamá.

Instrumento Europeo para a Promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Costa Rica

23/11/2010 - Instrumento Europeo para a promoción da democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Guatemala.

24/04/2011 - Instrumento de estabilidade. Accións en Bolivia

05/05/2011 - Fortalecemento do papel da sociedade civil en Costa Rica

16/05/2011 - Convocatoria Sistemas de apoyo País (CBSS) en Colombia

17/05/2011 - Accións do IEDDH en países socios. Perú

23/05/2011 - Instrumento Europeo para a promoción da democracia e dos dereitos humanos. Accións en Panamá

08/06/2011 - Esquema de apoio con base en países (CBSS). Accións en Paraguai

15/06/2011 - Consolidar o papel das redes da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas

15/06/2011 - Reforzar o respeto dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais onde están máis ameazados e apoio aos Defensores dos Dereitos Humanos

04/07/2011 - Instrumento Europeo para a Democracia e os Dereitos Humanos. México 2011

19/07/2011 - Instrumento Europeo para a Democracia e os Dereitos Humanos. Accións en Palestina

03/10/2011 - Loita contra a violencia en Brasil

04/10/2011 - Instrumento Europeo para a Promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Honduras

15/11/2011 - Instrumento Europeo para a promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Convocatoria local 2011 para Ecuador

07/11/2012 - Aumentar as taxas de escolarización especialmente para as nenas – Turquía - EuropeAid/133687/M/ACT/TR

07/02/2013 - Convocatoria de Propostas – Programa Temático Actores Non Estatais e Autoridades Locais no Desenvolvemento – Territorios Palestinos Ocupados - EuropeAid/134037/L/ACT/PS

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante