Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Base Legal

Regulamento 1905/2006 de 18 de decembro de 2006, polo que se establece un Instrumento de Financiamento da Cooperación ao Desenvolvemento.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O obxectivo xeral deste instrumento de cooperación será a erradicación da pobreza nos países e rexións socios no contexto do desenvolvemento sustentable, mediante a prosecución dos Obxectivos de Desenvolvemento para o Milenio (ODM), e a promoción da democracia, o bo goberno e o respecto dos dereitos humanos e do Estado de Dereito.

Eidos de actuación

A Comunidade financiará medidas de apoio á cooperación cos países, territorios e rexións en desenvolvemento incluídos na lista de beneficiarios do Comité de Asistencia para o Desenvolvemento da organización de Cooperación e Desenvolvemento Económicos (CAD-OCDE).

Así mesmo, a Unión financiará programas temáticos en países, rexións e territorios que cumpran as condicións para acollerse á asistencia dun dos programas xeográficos establecidos, á asistencia establecida ou á cooperación xeográfica de conformidade co Fondo Europeo de Desenvolvemento (FED).

A axuda comunitaria aplicarase mediante os programas xeográficos e temáticos seguintes:

  • Programas geográficos, dotados con 10.057 millóns de euros:

    Os programas xeográficos cubrirán as actividades de cooperación, nos ámbitos axeitados, con países e regións socios determinados seguindo un criterio xeográfico.

  • Programas temáticos, dotados con 5.596 millóns de euros:

    Os programas temáticos estarán subordinados aos programas geográficos e tratarán un tema ou un ámbito específico que afecte a un conxunto de países socios non determinados por criterios xeográficos, ou ben cubrirán actividades de cooperación dirixidas a distintas rexións ou grupos de países socios, ou levarase a cabo unha actuación internacional sen base xeográfica específica.

    O Regulamento establece cinco programas temáticos que se refiren a:

    • Investir nos cidadáns, dotado con 1.060 millóns de euros.
    • Medio ambiente e xestión sustentable dos recursos naturais (804 millóns de euros).
    • Axentes non estatales e autoridades locais no desenvolvemento (1.639 millóns de euros).
    • Seguridade alimentaria (1.709 millóns de euros).
    • Migración e asilo (384 millóns de euros).
    • *Programa de medidas de acompañamento a favor dos 18 Países ACP signatarios do Protocolo do Azucre 1.244 millóns de euros).

Destinatarios

  • Os países e rexións socios e as súas institucións.
  • As entidades descentralizadas dos países socios, como municipios, provincias, departamentos e rexións.
  • Os organismos mixtos instituídos polos países e rexións socios e a Comunidade.
  • As organizacións internacionais, incluídas as organizacións rexionais, os organismos, servizos ou misións das Nacións Unidas, as institucións financeiras internacionais e regionais e os bancos de desenvolvemento.
  • As institucións e órganos da Comunidade, unicamente no marco da execución das medidas de apoio.
  • As axencias da UE.
  • As entidades u organismos seguintes dos Estados membros, os países e rexións socios ou de calquera outro ter Estado.

Financiamento

Hai un orzamento total de 16.897.000.000 €.

Formas de financiamento:

  • Proxectos e programas.

  • Apoio presupuestario, cando a xestión do gasto público do Estado socio sexa suficientemente transparente, fiable e eficaz e o Estado socio instaure políticas sectoriais ou macroeconómicas ben definidas, aprobadas previa avaliación realizada polos seus principais proveedores de fondos, incluídas, cando proceda, as institucións financeiras internacionais.

  • Apoios sectoriais.

  • En casos excepcionais, programas sectoriais e xerais de importación.

  • Fondos postos a disposición do BEI ou outros intermediarios financeiros.

  • Bonificacións dos tipos de interese, especialmente para os préstamos no sector ambiental.

  • Redución da débeda, no marco de programas de redución da débeda aprobados en acordos internacionais.

  • Subvencións destinadas ao financiamento de medidas presentadas polas entidades.

  • Subvencións destinadas ao financiamento dos custos de funcionamento das entidades.

  • O financiamento de programas de irmandade entre institucións públicas, autoridades locais, organismos nacionais públicos e entidades de Dereito privado aos que os Estados membros e os dos países e rexións socios confíen misiónns de servizo público.

  • Contribucións a fondos internacionais, en particular, administrados por organizacións internacionais ou rexionais.

  • Contribucións a fondos nacionais establecidos por países e rexións socios co fin de favorecer o financiamento conxunto de varios proveedores de fondos.

  • Inversións de capital nas institucións financeiras internacionais e nos bancos de desenvolvemento rexionais.

  • Os recursos humanos e materiais necesarios para a administración e a supervisión efectiva dos proxectos e programas por parte dos países e rexións socios.

Comentarios

No caso dos programas xeográficos, a Comisión establecerá un documento de estratexia e un programa indicativo plurianual para cada un dos países e rexións socios e adoptará un programa de acción anual para cada un dos países e rexións socios. No caso dos programas temáticos, a Comisión establecerá documentos de estratexia temática e adoptará programas de acción. E circunstancias excepcionais, o apoio da Comunidade poderá tamén plasmarse en medidas especiais non previstas nos documentos de estratexia e nos programas indicativos plurianuais.

A Comisión definirá as asignacións indicativas plurianuais dentro de cada programa xeográfico recorrendo a uns criterios normalizados, obxectivos e transparentes de asignación de recursos, baseados nas necesidades e nos resultados do país ou rexión socio de que se trate, e tendo presentes as dificultades concretas ás que fan fronte os países ou rexións en crises, en conflito ou proclives ás catástrofes, ademais da especificidade dos distintos programas.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento – Accións en Angola

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento Accións en Honduras

Afianzando o respecto polos dereitos humanos e as liberdades fundamentais en países onde máis están en risco

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento – Coordinación, cooperación e traballo en rede entre organizacións europeas

Actores non estatais e autoridades locais en desenvolvemento – Accións en Marrocos

Auga, saneamento e fomento da hixiene para os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio

Programación de cooperación entre América Latina e a UE en polítcas de loita contra a droga (COPOLAD)

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento Accións en Mauritania

Programa para actores non estatais e autoridades locais no desenvolvemento Guinea-Bissau

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento – Accións en países asociados

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento – Incrementar a concienciación pública en temas de desenvolvemento e promover a educación para o desenvolvemento na UE

Seguridade alimentaria Cuba

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento Accións en Venezuela

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento, accións en Guatemala

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento - Accións en Paraguai

Actores non estatais e autoridades locais no desenvolvemento. Accións en países socios. Perú

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Cuba

Programa temático de cooperación con terceiros países nas áreas de inmigración e asilo. Convocatoria restrinxida 2009-2010

Programa de apoio ao goberno de Colombia para a reintegración socioeconómica de poboacións desprazadas e o fortalecemento de comunidades orientado a procesos de reintegración e reconciliación

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Ecuador

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Uruguai

Coordinación, cooperación e actividades para a creación de redes entre organizacións europeas na área de desenvolvemento.

11/11/2010 - Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Colombia

24/11/2010 - SEARCH: Apoio ás persoas con máis dificultades de acceso á educación básica. Accións en Bangladesh

21/01/2011 - Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións nos Países Bálticos

15/02/2011 - Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Indonesia

24/02/2011 - Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en O Salvador

28/02/2011 - Programa UE-ACP de apoio aos sectores culturais

04/03/2011 - Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións na República Dominicana

24/03/2011 - Autoridades locais no desenvolvemento. Accións en Venezuela

01/04/2011 - Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Guatemala

23/05/2011 - Fortalecer a gremios e/ou asociacións empresariais representativas de ramas produtivas non agropecuarias en Nicaragua

23/05/2011 - Mellora da calidade e o desenvolvemento tecnolóxico en pemes non agropecuarias de Nicaragua

16/06/2011 - Programa Microcréditos UE-ACP II

01/07/2011 - Axentes non estatais e autoridades locais no desenvolvemento. Convocatoria restrinxida de propostas 2011 para ONGs

18/07/2011 - Convocatoria para Axentes non Estatais 2011. Accións en Venezuela

02/09/2011 - Convocatoria para Axentes Non Estatais e Autoridades Locais no Desenvolvemento. Accións en Arxentina

09/09/2011 - Mellora condicións poboación desprazada en Colombia

09/09/2011 - Promoción dunha Cultura Empresarial Socialmente Responsable en Nicaragua

22/09/2011 - Gobernabilidade local en Nicaragua

01/10/2011 - Sensibilizar ao público sobre cuestións de desenvolvemento e promover a educación para o desenvolvemento na Unión Europea

01/11/2011 - Convocatoria para Axentes Non Estatais e Autoridades Locais no Desenvolvemento. Accións en Arxentina

03/11/2011 - Actores non estatais e autoridades locais no desenvolvemento. Autoridades locais. Convocatoria 2011

15/11/2011 - Participación na gobernanza para a seguridade alimentaria

25/04/2012 - EuropeAid/132845/L/ACT/CO - Convocatoria de propostas - Esquema de apoio a países (CBSS) - Colombia

17/05/2012 - EuropeAid/132809/L/ACT/BY - Convocatoria restrinxida de Propostas Programa Axentes Non Estatais e autoridades locais en Desenvolvemento

28/05/2012 - EuropeAid/132692/L/ACT/EC - Programa Temático Actores Non Estatais e Autoridades Locais no Desenvolvemento - Ecuador

01/06/2012 - EuropeAid/132874/L/ACT/MX - Esquema de apoio a países (CBSS) - México

04/06/2012 - EuropeAid/132762/C/ACT/Multi - Loita contra a impunidade

06/06/2012 - EuropeAid /133-111/L/ACT/MX Programa de actores non estatais 2012 México

12/06/2012 - EuropeAid/132854/L/ACT/PS - Programa de actividades culturais - Cisxordania e a Franxa de Gaza

19/06/2012 - EuropeAid/133180/L/ACT/JO - Creación de capacidade da sociedade civil na mediación e o diálogo en Xordania

25/06/2012 - EuropeAid/133224/M/ACT/Ao - Programa Transfronteirizo de Cooperación Albania - Kósovo (2010-2013)

05/10/2012 - Construcción das capacidades de alerta temprana dos actores non estatais para previr os conflictos violentos e da construcción dunha paz duradeira en terceiros países - EuropeAid/133538/C/ACT/Multi

08/10/2012 - Programa de cooperación ACP- UE de Ciencia e tecnoloxía II (S&T II) – EuropeAid/133437/D/ACT/Multi

10/10/2012 - Programa de subvencións para o desenvolvemento inter- municipal- Montenegro- EuropeAid/133339/L/ACT/ME

11/10/2012 - Esquema de apoio a países (CBSS)- Filipinas- EuropeAid/133311/L/ACT/PH

14/10/2012 - Proxecto EMPLEOMIN – Contribuír de xeito prioritario ao desenvolvemento social e do medio ambiental das áreas mineiras de Bolivia - EuropeAid/133554/M/ACT/BO

15/10/2012 - Investir nas persoas- Acción para a protección dos nenos – Violencia contra os nenos – EuropeAid/133527/C/ACT/Multi

16/10/2012 - Programa de Sostibilidade Ambiental UE- China - EuropeAid/133582/L/ACT/CN

22/10/2012 - Apoio ao proceso electoral no Líbano – EuropeAid/133513/L/ACT/LB

31/10/2012 - Axuda a cultura como vector de democracia e crecemento económico - EuropeAid/133529/C/ACT/Multi

08/11/2012 - Convocatoria de propostas restrinxida para o deseño do Acordo Global contra o Cambio Climático 2015 - EuropeAid/133686/C/ACT/MULTI

07/12/2012 - Programa Axentes Non Estatais e autoridades locais en Desenvolvemento - Nicaragua - EuropeAid/133719/L/ACT/NI

19/02/2013 - Programa de mobilidade académica Intra-ACP África (Mwalimu Nyerere), Caribe e Pacífico - EACEA/45/12.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante