Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Base Legal

Decisión nº 1692/96/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de xullo de 1996 sobre as orientacións comunitarias para o desenvolvemento da rede transeuropea de transporte, modificado pola Decisión n° 884/2004/CE do 29 de abril de 2004.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

Contribuír á execución e desenvolvemento do mercado interno, así como reforzar a cohesión eocnómica e social a través da interconexión e interoperatibilidade das redes de transporte nacionais e do acceso a elas.

Eidos de actuación

Redes de transporte por estrada, ferrocarril e por vías navegables.

Destinatarios

Autoridades públicas e empresas privadas coa autorización das autoridades estatais responsables da infraestrutura viaria europea (transporte por estrada, ferroviaria, marítima e fluvial).

Socios

Non se require un número mínimo de socios aínda que boa parte das Redes Transeuropeas se centran nas conexións transfronteirizas polo que sería preciso o acordo das autoridades responsables das redes nacionais.

Financiamento

8.013 millones de euros para o período 2007-2013.

Comentarios

Non se trata dun programa clásico senón dunha liña de financiamento para grandes infraestruturas de transporte que consigan mellorar a integración das distintas redes nacionais.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

Programa de traballo 2010: subvencións a proxectos no eido da xestión do tráfico aéreo (ATM) e dos Bloques Funcionais de Espazo Aéreo (FABs)

Convocatoria de propostas para subvencións no ámbito da Rede Transeuropea de Transporte segundo o previsto no Plan Europeo de Recuperación Económica (RTE-T)

Convocatoria de propostas de 2009 conforme ao programa plurianual de traballo das Redes Transeuropeas de Transporte (RTE-T)

Convocatoria de propostas de 2009 conforme ao programa anual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T)

Lugares de descanso seguros na rede transeuropea de transportes

Subvencións no campo da Rede Transeuropea de Enerxía (RTE-E) para 2007

Propostas conforme ao proxecto de Programa anual para a concesión de subvencións no campo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) para 2007

19/05/2010 - Convocatoria de propostas conforme ao programa anual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) con vistas á concesión de subvencións para 2010

19/05/2010 - Convocatoria de propostas de 2010 conforme ao programa plurianual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) con vistas á concesión de subvencións para o período 2007-2013. Proxecto prioritario Estradas do Mar.

19/05/2010 - Convocatoria de propostas de 2010 conforme ao programa plurianual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) con vistas á concesión de subvencións para o período 2007-2013. Proxecto prioritario Servizos de Información Fluvial.

21/02/2011 - Aplicacións Telemáticas para os pasaxeiros do transporte ferroviario (TAP)

28/06/2011 - Convocatoria de propostas de 2011 conforme ao programa plurianual de traballo da RTE-T. Proxecto prioritario Autoestradas do Mar

28/06/2011 - Convocatoria de propostas de 2011 conforme ao programa plurianual de traballo da RTE-T. Proxectos no eido dos servizos de información fluvial (SIF)

28/06/2011 - Convocatoria de propostas de 2011 conforme ao programa plurianual de traballo da RTE-T. Proxectos no eido dos sistemas europeos de xestión do tráfico ferroviario (ERTMS).

10/01/2012 - Convocatorias de propostas conforme ao programa anual de traballo do 2011 con vistas á concesión de subvencións no eido da Rede Transeuropea do Transporte (RTE-T) para o período 2007-2013 [Decisión C(2011) 1772 da Comisión, na súa versión modificada pola Decisión C(2011) 9531 da Comisión].

28/11/2012 - RTE-T-2012 - Convocatoria Anual 2012 con vistas á concesión de subvencións para a Rede Europea de Transporte (RTE-T) no período 2007-2013.

28/11/2012 - RTE-T-2012-Prioritarios - Convocatoria Anual 2012 Proxectos Prioritarios RET-T

28/11/2012 - Sistemas de Información Fluvial (RIS) 2012 - TEN-T-2012-RIS

28/11/2012 - Sistemas de Transporte Intelixentes (ITS) 2012 - TEN-T-2012-ITS

28/11/2012 - Proxectos no ámbito das Autopistas do Mar (MoS) 2012 - TEN-T-2012-MoS

28/11/2012 - Sistema de Xestión de Tráfico Aéreo (ATM) 2012 - TEN-T-2012-ATM

28/11/2012 - Sistema de Xestión do Tráfico Ferroviario Europeo (ERTMS) 2012 - TEN-T-2012-ERTMS

19/01/2013 - Convocatoria de propostas - Subvencións no ámbito do transporte marítimo - DG MOVE-MARITIME-TRANSPORT

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante