Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

MARCO POLO II

Base Legal

Regulamento (CE) Nº 1692/2006 do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de outubro de 2006 polo que se establece o segundo programa «Marco Polo» para a concesión de axuda financeira comunitaria para mellorar o comportamento medioambiental do sistema de transporte de mercadorías («Marco Polo II») e polo que se derroga o Regulamento (CE) Nº 1382/2003.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O obxectivo do programa Marco Polo II é financiar accións que reduzan a conxestión da rede viaria europea, que melloren a eficiencia ambiental do sistema europeo de transporte e promovan o transporte intermodal para conseguir que o sistema europeo de transporte maximice o valor que engade á economía comunitaria e minimice os impactos negativos que esta actividade ten sobre o ambiente.

Eidos de actuación

Transporte de Mercadorías a través de calquera modo de transporte (coa excepción do aéreo).

Destinatarios

Consorcios de cando menos 2 empresas comerciais (públicas ou privadas) inscritas no rexistro comercial dos 27 Estados membros, así como aquelas de Terceiros Estados veciños da UE que asinen un acordo específico.

As empresas de Terceiros Estados non veciños poden participar no programa pero sen recibir financiamento comunitario.

Financiamento

400 millóns de euros para todo o periodo.

Comentarios

As convocatorias anuais adoitan ser publicadas no primeiro cuarto de cada ano.

Enlaces de Interese

Contacto

Tel. : +32.2.299.64.48
Fax: +32.2. 296.37.65
E-mail: tren-marco-polo@ec.europa.eu

Convocatorias

Pechadas

Convocatoria 2010 de propostas para accións de transferencia entre modos de transporte, de efecto catalizador, autoestradas do mar, formas de evitar o tráfico e aprendizaxe en común

EACEA/01/2009 Convocatoria de Propostas de apoio na aplicación de proxectos piloto

MARCO POLO II. Convocatoria 2009

21/10/2011 - Convocatoria 2011 para accións de transferencia entre modos de transporte, de efecto catalizador, autoestradas do mar, evitación do tráfico e de aprendizaxe en común.

20/06/2012 - DGMOVE/D1/SUB/177-2012 - Convocatoria de propostas para accións de transferencia entre modos de transporte, de efecto catalizador, autoestradas do mar, evitación de tráfico e de aprendizaxe en común dentro do segundo Programa Marco Polo

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante