Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Base Legal

Decisión nº 1639/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de outubro de 2006, pola que se establece un Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (CIP, 2007-2013).

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O Programa Enerxía Intelixente-Europa, dentro do Programa de Competitividade e Innovación (CIP), é o instrumento que a Comisión emprega para financiar accións innovadoras que promovan o aforro enerxético, o uso de fontes de enerxía renovables e o incremento da competitividade en Europa, especialmente no ámbito do transporte.

Eidos de actuación

O IEE céntrase en tres aspectos:

  • fornecer dos instrumentos necesarios ás cidades e rexións para acadar un desenvolvemento sustentable;

  • incrementar os investimentos nos países da UE nos campos da enerxía eficiente e renovable así como na súa diversificación, especialmente no referido aos transportes;

  • concienciar sobre a necesidade de aforro enerxético a través de campañas de sensibilización e do intercambio de boas prácticas.

Destinatarios

Poden participar organizacións do sector que teñan a súa sede nun dos 27 Estados membros ou en Noruega, Croacia, Islandia e Liechtenstein.

Socios

Requírese un mínimo de 3 socios de diferentes estados, aínda que as propostas exitosas adoitan contar con 8 ou 9 socios.

Financiamento

Arredor de 730 millóns de euros para todo o periodo.

Comentarios

Aínda que o programa sexa xestionado pola Axencia Executiva de Competitividade e Innovación (EACI), as solicitudes deben realizarse a través da páxina web do Programa IEE ou non serán avaliadas.

Enlaces de Interese

Contacto

Para solucionar calquera dúbida pódese recorrer ao formulario online do IEE.

Convocatorias

Pechadas

IEEA 2010: Enerxía Intelixente- Europa

IEEA 2008 Enerxía Intelixente - Europa

IEEA 2007 Enerxía Intelixente - Europa

20/01/2011 - CIP-IEE. Aforro e eficiencia enerxética. Enerxía Intelixente - 2011

08/02/2011 - Lista de Expertos Avaliadores para diversos programas: Enerxía Intelixente, Eco-Innovación e Marco Polo

13/12/2012 - Programa «Enerxía Intelixente para Europa» - CIP-IEE-2013

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante