Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE ENERXÍA (TEN-E)

Base Legal

Regulamento nº 680/2007 (CE), do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de xuño de 2007, polo que se determinan as normas xerais para a concesión de axudas financeiras comunitarias no eido das redes transeuropeas de transporte e enerxía.

Decisión nº 1364/2006/CE pola que se establecen orientacións sobre as redes europeas no sector da enerxía e pola que se derogan a Decisión 96/391/CE e a Decisión nº 1229/2003/CE.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O seus obxectivos son:

  • Promover a interconexión, a interoperabilidade e o desenvolvemento de redes transeuropeas de transporte de electricidade e de gas como instrumento clave para o funcionamento do mercado interior.
  • Reforzar a seguridade do abastecemento enerxético a través da interoperabilidade coas redes enerxéticas de terceiros países (países adherentes ou candidatos, países de Europa, de Oriente Medio ou da rexión do Golfo).
  • Contribuír a reducir o illamento das rexións menos favorecidas, insulares, sen litoral e periféricas, co que se reforza a cohesión territorial dentro da Unión Europea.
  • Favorecer o desenvolvemento sostible, especialmente mediante unha mellor conexión das instalacións de produción de enerxías renovables, así como mediante a utilización de tecnoloxías máis eficaces que limiten as perdas e os riscos ambientais vinculados ao transporte e á transmisión de enerxía.

Eidos de actuación

O programa establece 3 liñas de actuación:

  • Proxectos de interese común: relativos ás redes de gas e electricidade, á seguridade do seu abastecemento e á cohesión territorial.
  • Proxectos prioritarios: centrados en actuacións sobre o mercado interno e as enerxías renovables.
  • Proxectos de interese europeo: iniciativas a nivel transnacional.

Destinatarios

Un ou varios Estados membros, un ou varios organismos así como empresas públicas ou privadas, unha ou varias organizacións internacionais ou unha empresa común, sempre e cando teñan o acordo de todos os Estados membros directamente afectados polo proxecto presentado.

Socios

Non se require un número mínimo de socios aínda que boa parte das Redes Transeuropeas se centran nas conexións transfronteirizas polo que se requerirá o acordo das autoridades responsables das redes nacionais.

Financiamento

A previsión de financiamento comunitaria para 2011 é de 24 millóns de euros.

Comentarios

Non se trata dun programa clásico senón dunha liña de financiamento para grandes infraestruturas de enerxía que consigan mellorar a integración das distintas redes nacionais.

Enlaces de Interese

Contacto

European Commission
Directorate-General Energy – DM 28/110
Avenue du Bourget, 1
B-1140 Brussels
Belgium

Convocatorias

Pechadas

Convocatoria de propostas conforme ao proxecto de programa anual para a concesión de subvencións no eido da Rede Transeuropea de Enerxía (RTE-E) para 2012 [Decisión da Comisión C(2011) 8321].

Convocatoria de propostas conforme ao proxecto de programa anual para a concesión de subvencións no campo das Redes Transeuropeas de Enerxía (TEN-E) para 2009

23/12/2010 - RTE-E. Redes Transeuropeas de Transporte de Electricidade e Gas.

04/01/2013 - Subvencións no campo da Rede Transeuropea de Enerxía (RTE-E) para 2013-TEN-E-2013.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante