Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2007-2013

Base Legal

Decisión n° 1904/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, que crea o Programa “Cidadáns con Europa (2007-2013)” co obxecto de promover a cidadanía activa.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

Achegar Europa aos cidadáns e promover su participación no proceso de construción comunitaria. Este programa favorece os intercambios e a cooperación transnacional, de xeito que potencien o sentimento de pertenza europea e estimulen a integración.

Eidos de actuación

As principais liñas do programa ”Europa cos cidadáns” son:

  • a) Cidadáns activos por Europa: fomenta o irmandamento de cidades e vilas, os intercambios entre cidadáns europeos, e o establecemento de redes de cooperación entre cidades.

  • b) Sociedade civil activa en Europa: dirixida especialmente a organizacións sociais ás que se proporcionan fondos para a realización de actividades que estimulen a participación cidadá.

  • c) Xuntos por Europa: inclúe actividades como a realización de estudos e análises sociais, así como campañas informativas e de sensibilización.

  • d) Memoria histórica activa europea: apoia proxectos de conservación de documentos ou lugares relacionados coas deportacións e vítimas do Holocausto e do Estalinismo.

Destinatarios

Poden adscribirse a este programa administracións e organizacións locais, centros de investigación social, grupos de cidadáns ou asociacións civís, ONG, sindicatos, asociacións de voluntarios e organizacións de deportistas amateur.

Socios

Poden participar como socios entidades de países candidatos, do Espazo Económico Europeo e dos estados balcánicos, sempre e cando cumpran as disposicións legais e económicas requiridas pola UE.

Financiamento

O seu orzamento é de 215 millóns para todas as accións do programa.

Comentarios

A Axencia Executiva da Educación, Cultura e Audiovisual da Comisión Europea convoca este programa anualmente. As propostas deben enviarse directamente á axencia, quen recolle, avalía e decide os proxectos que serán financiados.

Enlaces de Interese

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA)
Citizenship
BOUR / BOU2*
Avenue du Bourget 1
BE-1140 Brussels

Convocatorias

Pechadas

Convocatoria permanente das distintas accións do Programa “Europa cos Cidadáns”

15/12/2010 - Accións Cidadáns Activos con Europa, unha Sociedade Civil activa en Europa e Memoria Histórica activa en Europa (2011)

14/12/2011 - Execución das accións do programa: Cidadáns activos con Europa, unha sociedade civil activa en Europa e Memoria histórica activa de Europa.

28/08/2012 -
EACEA/28/12 - Apoio estrutural a organizacións europeas de investigación e reflexión sobre políticas públicas europeas e a organizacións da sociedade civil a escala europea

05/12/2012 - Europa para os cidadáns 2012 – Accións Cidadáns activos con Europa, Unha sociedade civil activa en Europa e Memoria histórica activa de Europa - CITIZENS – 2012

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante