Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA PROTECCIÓN CIVIL

Base Legal

Decisión do Consello 2007/162, do 5 de marzo de 2007, pola que se establece un Instrumento de Financiamento da Protección Civil.

Decisión do Consello 2001/792, do 23 de outubro de 2001, que establece un mecanismo comunitario para facilitar unha cooperación reforzada nas intervencións de axuda en materia de protección civil.

Decisión do Consello 2007/779, do 8 de novembro de 2007, pola que se establece un Mecanismo Comunitario para a Protección Civil.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

A súa finalidade é apoiar e complementar os esforzos dos Estados membros na protección das persoas, do medio ambiente e do patrimonio cultural , así como coordinar as respostas nacionais ante catástrofes naturais ou os actos terroristas.

Eidos de actuación

O Instrumento de Financiamento cobre a prevención, preparación e resposta ante os desastres:

  • a) actuacións de preparación e resposta incluidas no Mecanismo Comunitario para a Protección Civil.
  • b) medidas para previr ou reducir os efectos dunha catástrofe.
  • c) iniciativas que melloren o estado de preparación dos cidadáns ante as emerxencias.
  • d) dispositivos de transporte excepcionais que propicien unha resposta rápida e eficaz.

Destinatarios

Persoas físicas ou xurídicas tanto de dereito público como privado.

Socios

Poden participar neste programa socios de países candidatos e de Terceiros países sempre que existen os acordos pertinentes coa UE.


Financiamento

Conta cun orzamento total de 190 millóns de euros para o periodo 2007 - 2013. Anualmente destinánse 20 millóns de euros para actuacións dentro da UE e 8 millóns para Terceiros países.

Comentarios

O Instrumento de Financiamento da Protección Civil cobre as actuacións recollidas no Mecanismo Comunitario para a Protección Civil:

  • a) Centro de Monitorización e Información (MIC): centro operacional de emerxencias ao que poden recurrir os estados en caso de catástrofe.
  • b) Sistema Común de Emerxencias e Información (CECIS): plataforma de comunicación e resposta ante situacións de alarma.
  • c) Programa de adestramento: iniciativa que busca compartir experiencias e formar profesionais no ámbito da protección civil mediante cursos específicos.
  • d) Módulos de protección civil: grupos de voluntarios procedentes dun ou máis estados dispostos a colaborar ante desastres.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

Proxectos de preparación e prevención para a protección civil (2010)

Exercicios a escala real no ámbito do Mecanismo Comunitario para a Protección Civil (2009)

Acción preparatoria relativa a unha capacidade de resposta rápida da UE (2009)

Exercicios de simulación de protección civil (2008)

Proxectos de cooperación de preparación e prevención (2008)

Exercicios de simulación de protección civil (2007)

16/02/2011 - Proxectos de preparación e prevención para a protección civil (2011)

09/06/2011 - Exercicios no eido do Mecanismo Comunitario para a Protección Civil (2011)

25/05/2012 - Convocatoria de propuestas — Ejercicios del Mecanismo de Protección Civil - 2012/C 147

12/02/2013 - Convocatoria de propostas - Prevención e preparación en materia de protección civil e contaminación marina - Civil Protection 2013.

30/01/2015 - Convocatoria de propostas 2015 para proxectos de prevención e preparación no eido da protección civil e contaminación mariña

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante