Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

CULTURA

Base Legal

Decisión nº 1855/2006/CE do Parlamento Europeo e o Consejo, do 12 de decembro de 2006, que establece o Programa Cultura (2007-2013).

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O obxectivo xeral do programa é contribuír a avanzar cara a un espazo cultural europeo común a través do desenvolvemento dunha maior cooperación cultural entre creadores, actores culturais e institucións culturais dos países participantes.

Os obxectivos específicos do programa son:

  • promover a mobilidade transfronteiriza dos traballadores do sector cultural.
  • favorecer a circulación transfronteiriza das obras e producións artísticas e culturais.
  • favorecer o diálogo intercultural.

Eidos de actuación

Os obxectivos do programa serán perseguidos a través da aplicación das seguintes medidas:

1. Apoio ás accións culturais:

  • Proxectos de cooperación plurianual: o Programa Cultura apoiará os proxectos de cooperación plurianual, cun mínimo de 6 socios e unha duración de entre 3 e 5 anos na súa fase inicial e de estruturación ou na súa fase de extensión xeográfica.

  • Accións de cooperación: o programa apoia accións de cooperación cultural de natureza sectorial ou transectorial entre un mínimo de operadores europeos e cunha duración de dous anos.

  • Accións especiais: para poder optar aos fondos as accións especiais deben ter un alcance importante, contribuír a incrementar a toma de consciencia dos europeos da súa pertenza a unha mesma comunidade e favorecer o diálogo intercultural e internacional.

2. Apoio aos organismos activos a nivel europeo no eido da cultura:

Esta axuda consagrarase aos gastos ligados ao programa de traballo permanente de organismos de interese xeral europeo no dominio da cultura. Poderán beneficiarse desta axuda grupos cun mínimo de 7 socios que actúen a favor da cooperación cultural a través de funcións de representación, difundindo informacións que favorezan a cooperación cultural, estruturando redes a nivel europeo, participando en proxectos de cooperación cultural ou actuando como embaixadores da cultura europea.

3. Apoio aos traballos de análise e difusión de información e á optimización do impacto dos proxectos no eido da cooperación cultural:

Co obxectivo de difundir informacións prácticas sobre o programa e favorecer a súa promoción, prevese a creación de puntos de contacto, que tamén poderán recibir axudas. Baixo este capítulo, tamén poderá apoiarse a realización de estudos de análise no campo da cooperación cultural europea e da elaboración de políticas culturais europeas, e accións que teñan por obxectivo optimizar o impacto dos proxectos a través do intercambio de experiencias e boas prácticas.

Destinatarios

Empresas e operadores do sector cultural sen ánimo de lucro, exceptuando o eido do audiovisual.

Financiamento

O programa dispón dun orzamento de 400 millóns de euros.

Enlaces de Interese

Contacto

Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Programme Culture (2007–2013)
(Capítulo do programa que solicita)
Avenue du Bourget 1
(BOUR 04/13)
B – 1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Convocatorias

Pechadas

Convocatoria de propostas 2009 - Cultura (2007-2013): apoio a proxectos culturais con dimensión europea e a organismos activos a escala europea no ámbito cultural

EAC 09/06 Apoio ás accións culturais

12/05/2010 - Programa Cultura - Capítulo 1.1: Proxectos de cooperación plurianuais

12/05/2010 - 1.2.1. Medidas de cooperación - Programa Cultura

28/07/2010 - Convocatoria de propostas do Programa Cultura (2007-2013)—Aplicación das accións do programa: proxectos plurianuais de cooperación; accións de cooperación; accións especiais (terceiros países); e apoio a organismos activos a escala europea no ámbito cultural

02/12/2010 - EACEA 2010 Strand 1.3.5. Proxectos de cooperación con terceiros países

09/12/2010 - Convocatoria de propostas 2011. Axuda para accións culturais: tradución literaria (tramo 1.2.2)

16/06/2011 - Convocatoria de propostas 2011: Capítulo 2: Apoio ás organizacións activas a nivel europeo no eido da cultura.

25/08/2011 - Aplicación das accións do programa: proxectos plurianuais de cooperación; accións de cooperación; accións especiais (terceiros países); e apoio a organismos activos a escala europea no eido cultural.

07/10/2011 - Acción 1.3.6 – Apoio a festivais culturais europeos.

29/02/2012 - EACEA/7/12- Apoio á distribución transnacional das películas europeas Sistema de apoio ”automático”

14/03/2012 - EACEA/06/12 - Convocatoria de Propostas - Acción 3.2 A mocidade no mundo: cooperación con países non veciños da Unión Europea

24/03/2012 - EACEA/09/12 - MEDIA 2007 - Apoio á distribución de vídeo á carta e cine dixital

24/03/2012 - EACEA/10/12 - MEDIA 2007 - Apoio á realización de proxectos piloto

13/09/2012 - Proxectos de cooperación entre organizacións vinculadas á análise de políticas culturais - CULTURE - Strand 3.2

06/12/2012 - Proxectos de Cooperación con Terceiros Países

07/12/2012 - Apoio a dixitalización das salas de cine europeas - EACEA/39/12

26/04/2013 - Asociacións europeas no eido do deporte - EAC/S03/13

30/04/2013 - EAC/S07/2013 Apoio a un proxecto piloto de Plataforma Europea para Festivais no eido da cultura

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante