Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

SAFER INTERNET

Base Legal

Decisión 1351/2008/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 16 de decembro de 2008 pola que se establece un programa comunitario plurianual sobre a protección dos nenos no uso da Internet e de outras tecnoloxías da comunicación.

Duración

Período 2009-2013.

Obxectivos

Promover unha utilización máis segura da Internet e doutras tecnoloxías da comunicación, en especial para os nenos.

Eidos de actuación

O programa executarase a través de catro liñas de acción xerais:

  1. Sensibilizar á poboación e difundir información sobre a seguridade no uso das tecnoloxías en liña.

  2. Loitar contra os contidos ilícitos e os comportamentos nocivos en liña.

  3. Promover unha maior seguridade na navigación pola Rede.

  4. Establecer unha base de coñecementos para abordar dun xeito apropiado os usos, tanto existentes como emerxentes, do entorno de liña e os seus riscos e consecuencias.

Destinatarios

O Programa está aberto á participación das entidades legais establecidas nos Estados membros, así como en Islandia, Noruega e Liechtenstein; nos países en vías de adhesión e nos países candidatos que se beneficien dunha estratexia de preadhesión (Croacia, Turquía e a Antiga República de Macedonia); nos países dos Balcáns occidentais e na veciñanza euroepa.

O programa vai dirixido tamén a organizacións internacionais e ás entidades legais establecidas en terceiros países distintos dos xa mencionados.

Financiamento

Un orzamento total de 55 millóns de euros para o período 2009 – 2013.

Comentarios

Cada ano, no mes de febreiro celébrase en diversos países de Europa e do mundo o Día da Internet Segura.

Enlaces de Interese

Contacto

Contact Information Society Directorate–General’s eContent e Safer Internet Unit
Sr. Richard Swetenham
Safer Internet, EUFO 1194
Comisión Europea, Luxemburgo
Fax: +352 4301 34079
E-mail: saferinternetplus@ec.europa.eu

Convocatorias

Pechadas

Convocatoria de manifestacións de interese: expertos independentes para o programa Safer
Internet (2009-2013)

Convocatoria de propostas 2012 de accións indirectas dentro do programa comunitario plurianual sobre a protección dos nenos no uso da Internet e de outras tecnoloxías da comunicación (Unha Internet máis segura) (DOUE C 27/04).

Convocatoria de propostas Safer Internet—Accións indirectas dentro do programa comunitario plurianual sobre a protección dos nenos no uso de Internet e doutras tecnoloxías da comunicación

Accións indirectas dentro do programa comunitario plurianual sobre a protección dos nenos no uso de Internet e doutras tecnoloxías da comunicación

05/03/2011 - Convocatoria de propostas 2011 de accións indirectas dentro do programa comunitario plurianual sobre a protección dos nenos no uso de Internet e de outras tecnoloxías da comunicación.

01/02/2012 - Safer Internet 2012 (Internet máis seguro)

13/04/2013 - Convocatoria de propostas para accións indirectas - Protección dos nenos no uso de Internet - Safer Internet - 2013

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante