Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Base Legal

Decisión 1639/2006 (CE) do Parlamento Europeo e do Consello pola que se establece un programa marco para a innovación e a competitividade

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O programa CIP (Competitiveness and Innovation Framework Programme) aglutina as actuacións comunitarias que sexan implementadas no eido da empresa, pemes, competitividade industrial, innovación, desenvolvemento e utilización das Tecnoloxías de Comunicación e Información (TICs), tecnoloxías medioambientais e enerxía intelixente.

Divídese en tres apartados: o Programa Enerxía Intelixente Europa (IEE), o Programa de Apoio ás TIC, e o programa para a Iniciativa Empresarial e a Innovación.

Os seus obxectivosson os seguintes:

  1. fomentar a competitividade das empresas e, en especial, das pequenas e medianas empresas (pemes).

  2. promover a innovación, incluída a innovación ecolóxica.

  3. acelerar o desenvolvemento dunha sociedade da información competitiva, innovadora e inclusiva.

  4. promover a eficiencia enerxética e as fontes de enerxía novas e renovables en todos os sectores, incluído o transporte.

Eidos de actuación

O Programa para a Iniciativa Empresarial e a Innovación (EIP), como parte do CIP, presta atención ás actividades que foron dispersadas previamente sobre os programas plurianuais de emprego (MAP), as actividades para a competitividade industrial e a eco-innovación (incluíndo tecnoloxías ambientais) do programa de Medio Ambiente LIFE.

Deste modo, proporcionará financiamento ás empresas para innovar; compartir os riscos de investir nas mesmas e incentivar o investimento privado para a creación de novas empresas innovadoras e para apoiar ás empresas cun alto potencial de crecemento en fase de expansión para compensar, en parte, a falta de capital propio.

Grazas a este programa, as pemes disporán dun acceso simple, claro e eficaz á información e consellos relativos ás actividades e políticas da Unión Europea que lles afecten mediante as redes de apoio ás empresas como determinados Euro Info Centros (CIE) e Centros Enlaces Innovación (IRC) existentes que farán de ”xanela única”.

Este subprograma incluirá as seguintes accións:

  • acceso ao financiamento para a posta en marcha e o crecemento das pemes e para o investimento en actividades de innovación, incluída a innovación ecolóxica.

  • creación dunha contorna favorable para a cooperación das pemes.

  • innovación nas empresas, abranguendo a innovación ecolóxica.

  • iniciativa empresarial e a cultura da innovación.

  • reforma económica e administrativa relacionada coa empresa e a innovación.

As prioridades do subprograma serán implementadas a través de:

a) novos instrumentos financeiros: mecanismo para as pemes innovadoras e de rápido crecemento (MIC).

b) mecanismo de garantía para as pemes e un sistema de desenvolvemento de capacidades.

c) servizos de axuda ás empresas e á innovación, diálogo e cooperación empresarial.

d) servizos de innovación, tecnoloxía e transferencia de coñecementos.

e) servizos que estimulen a participación das pemes no Programa Marco comunitario de IDT.

f) instrumento de apoio á innovación empresarial.

g) análise, desenvolvemento e coordinación das políticas cos países participantes.

h) irmandamento entre autoridades a escala nacional e rexional.

Destinatarios

Son destinatarios deste programa as pemes e/ou autoridades públicas. Está aberto á participación dos países dos Estados membros, os países da AELC que son membros do EEE, os países candidatos e os países dos Balcáns occidentais. Os terceiros países poderán participar no programa cando os acordos así o permitan.

Financiamento

O orzamento total do programa é de 3.621 millóns de euros, dos que 2.172 millóns de euros serán para o CIP EIP, que conta cun apartado específico para o fomentar da innovación ecolóxica.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea
DX Empresa e Industria
B-1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Fax: +32 (0) 2 298 79 50
E-mail: entr-cip@ec.europa.eu

Convocatorias

Pechadas

5/G/ENT/CIP/11/E/N02S003. Desenvolver a capacidade dos inversores para analizar e utilizar a información ambiental, social e de gobernanza.

02/01/2011 - 1/G/ENT/CIP/11/C/N01C031. Europa Móbil e Alianza das industrias de mobilidade (EMMIA)

02/01/2011 - 2/G/ENT/CIP/11/C/N03C011. Alianza Europea de industrias creativas (ECIA)

04/03/2011 - 3/G/ENT/CIP/11/C/N04C011. Promoción das actividades de clústers nos países participantes no CIP

04/03/2011 - 4/G/ENT/CIP/11/C/N04C021. Promoción da excelencia na xestión dos clústers nos países participantes no CIP

29/03/2011 - 6/G/ENT/CIP/10/E/N01C21. Rede europea de mentores para mulleres empresarias

06/09/2011 - Apoio á contratación pública de solucións innovadoras: traballo en rede e adquisición de financiamento: ENT/CIP/11/C/N02C011.

13/09/2011 - Cooperación trasnacional para Rutas Culturais Europeas: 23/G/ENT/CIP/11/B/N02S008

27/01/2012 - 28/G/ENT/CIP/12/E/N01C01 - CONVOCATORIA DE PROPOSTAS -Educación no espíritu empresarial

07/03/2013 - Convocatoria de propostas - Clusters e espírito empresarial en apoio das industrias emerxentes - 64-G-ENT-CIP-13-C-N04C02

13/03/2013 - Convocatoria de propostas - Programa para unha industria baixa en carbono (SILC) I- Innovacións a curto prazo - 67-G-ENT-CIP-13-D-N03S02

15/03/2013 - Convocatoria de propostas - Apoio á contratación pública de solucións innovadoras - Proxectos Pilotos - 65/G/ENT/CIP/13/N02C021

17/04/2013 - Convocatoria de propostas - Cara clústers de clase mundial - Promover a excelencia dos Clúster - 62/G/ENT/CIP/13/C/N04C031

24/04/2013 - Plataforma Europea para o Deseño da Innovación - 76-G-ENT-CIP-13-C-N05S00

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante