Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

ECAP

Base Legal

Comunicación COM(2007) 379 FINAL da Comisión ao Consello, Parlamento, CESE e CdR, ”Pequenas, limpas e competitivas: programa de asistencia ás pequenas e medianas empresas para o cumprimento da lexislación de medio ambiente”

Obxectivos

ECAP (do inglés European Compliance Assistance Programme) é un programa de asistencia, proposto pola Comisión Europea, para o cumprimento da normativa medioambiental, mediante o cal as pemes poderán facer fronte ás súas obrigas máis sinxelamente e mellorar o seu comportamento medioambiental.

Eidos de actuación

Estanse a levar a cabo accións en áreas moi variadas:

  • redución da carga administrativa nas empresas.

  • axuda ás pemes para integrar temas medioambientais na súa actividade.

  • apoio a redes rexionais e nacionais.
  • aumentar as experiencias a nivel local.

  • mellorar a comunicación.

Destinatarios

Pequenas e medianas empresas da Unión Europea.

Financiamento

Non existe unha liña de financiamento concreta para este programa, senón que bebe das actuacións contempladas dentro de LIFE+, Sétimo Programa Marco de I+D, Fondos Estruturais ou JEREMIE.

Enlaces de Interese

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante