Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

ENTENDENDO CHINA

Duración

Período 2009-2012.

Obxectivos

Este programa (en inglés ”Understanding China”) procura crear un diálogo empresarial con China, especialmente por parte das pemes, pois para o crecemento da competitividade e mellora das capacidades comerciais da Unión Europea resulta crucial un mellor coñecemento e comprensión deste país asiático, unha das meirandes economías e con máis potencial do mundo.

Eidos de actuación

Para mellorar o coñecemento dos negocios europeos sobre China desenvólvense unha serie de iniciativas:

  • Programa de formación: Un programa selectivo e especializado para representantes das empresas. Búscase formar aos dirixentes para que haxa un impacto multiplicador e un maior número de compañías se beneficien dunha alta calidade de servizos e información actualizada. Ofrécese a combinación de cursos teóricos e prácticos sobre cultura e negocios chineses, con horarios compatibles coa vida profesional dos participantes. As actividades distribúense a grandes trazos do seguinte modo:

    • 4 módulos:

      1. Unha semana de formación en Amberes.

      2. Unha semana de formación en Shanghai.

      3. Unha semana de visita de estudo a Beijing.

      4. Xuntaza-resumo de dous días en Amberes con cerimonia de graduación en Bruxelas.

    • Aprendizaxe en liña, para vincular os diferentes módulos e permitir estar en contacto directo cos conferenciantes ao longo da formación.

    • Plan de negocio: os participantes deberán desenvolver un plan de negocio para as súas organizacións sobre como achegar ss pemes e outras empresas a China e mellorar os servizos.

  • Diálogo político entre representantes clave das empresas, eido académico e política, no que se intercambien visións e experiencias. Prevese a realización de tres conferencias internacionais de alto nivel, organizadas por Friends of Europe.

  • Consello Asesor sobre China (CAC): un corpo asesor da Comisión Europea para a política económica con este Estado. Está formado por 17 profesionais con experiencia empresarial con China.

  • Comunidade de Ideas sobre China: permite aos usuarios realizar comentarios e artigos sobre asuntos referidos ao Programa “Entendendo China” así como compartir investigacións sobre este país.

  • Mesas redondas para pemes: a organización de oito eventos deste tipo dá a oportunidade de establecer diálogo cos representantes do mundo académico, político, empresarial e outros coa fin de facer propostas políticas e tratar asuntos sobre negocios europeos en China.

Destinatarios

Representantes de empresas.

Enlaces de Interese

Contacto

Para contactar cos xestores do programa, prema aquí.

Convocatorias

Pechadas

01/01/2011 - Programa Formativo ”Entendendo China 2011”

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante