Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

ACCIÓN PREPARATORIA PARA O TURISMO SUSTENTABLE

Base Legal

Axenda para un turismo europeo sustentable e competitivo, COM (2007) 0621 FINAL

Europa, primeiro destino turístico do mundo: un novo marco político para o turismo europeo, COM (2010) 352/3

Obxectivos

Incrementar a concienciación sobre a necesidade de desenvolver novas fórmulas de turismo sustentable, fortalecer as redes de turismo transfronteirizo e dinamizar as economías locais e rexionais.

Eidos de actuación

A Comisión Europea busca maior visibilidade e recoñecemento para as prácticas que unen sustentabilidade e competitividade mediante:

  • a mellora da sustentabilidade e a competitividade do turismo europeo en bicicleta.

  • o apoio e promoción de rutas transnacionais e redes ciclistas coa intención de contribuír, directa ou indirectamente, á redución das emisións da industria turística.

  • o equilibrio entre o desenvolvemento autónomo dos destinos turísticos e a protección do medio ambiente por unha parte, e o desenvolvemento dunha actividade económica competitiva por outra.

Destinatarios

Poderán participar entidades de calquera dos 27 Estados membros, como asociacións culturais, organizacións de ciclistas, entidades sen ánimo de lucro e autoridades do ámbito do turismo, ben sexan locais, rexionais ou federacións transnacionais.

Financiamento

Disponse dun orzamento de 500.000 euros. A taxa máxima de subvención por cada proxecto é do 75%, cun límite de 150.000 euros.

Comentarios

A convocatoria 2011 publicarase, previsiblemente, no segundo semestre do ano.

Enlaces de Interese

Contacto

European Commission
Enterprise and Industry Directorate-General
B100 04/34
B-1049 Brussels
Belgium

Convocatorias

Pechadas

15/06/2010 - Promoción do turismo en bicicleta como exemplo de desenvolvemento sostible 2010- ENT/TOU/10/611

26/05/2011 - 12/G/ENT/TOU/11/411B.-Promoción dos productos de turismo temático transnacional na UE como medio de desenvolvemento do turismo sustentable.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante