Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

ERASMUS PARA MOZOS EMPRENDEDORES

Base Legal

Comunicación (2008) 394 FINAL, ”Pensar primeiro a pequena escala. Small Business Act para Europa: iniciativa en favor das pequenas empresas

Duración

Convocatoria anual (desde 2008).

Obxectivos

O obxectivo deste programa é axudar aos novos emprendedores da UE a enriquecer as súas experiencias, así como aprender e relacionarse con outros emprendedores mediante estadías en empresas postas en marcha por emprendedores noutros Estados membros da UE. O programa recoñece os seguintes obxectivos:

  1. Proporcionar coñecementos de primeira man aos mozos emprendedores en pemes en calquera lugar da UE para facilitarlles un comezo e un desenvolvemento exitoso das súas ideas de negocio.

  2. Promover o intercambio de experiencias e información entre emprendedores sobre os obstáculos e os retos da posta en marcha e desenvolvemento dun novo negocio.

  3. Aumentar ó acceso aos mercados e a identificación de socios potenciais para novos negocios establecidos noutros países da UE.

  4. Apoiar o establecemento de contactos entre emprendedores de Estados membros diferentes mediante a construción dun coñecemento e experiencia comúns.

O obxectivo último desta acción preparatoria é potenciar o espírito emprendedor, a internacionalización e a competitividade das PEMES europeas e as recentemente establecidas micro e pequenas empresas na UE.

Eidos de actuación

As actividades desenvolvidas baixo este programa buscan favorecer o contacto entre novos emprendedores e emprendedores veteranos para favorecer a cooperación e o intercambio de experiencias. Para iso o programa “Erasmus para mozos emprendedores” organízase en dous lotes que subvencionan diferentes accións promovidas desde os organismos intermediarios:

  • Lote 1: Financia organizacións que aumenten e faciliten a mobilidade de mozos emprendedores: a intención desta medida é seleccionar un número de proxectos presentados por entidades públicas ou privadas, de forma individual ou asociada (cun mínimo de dúas entidades dun ou varios Estados membros). Serán os chamados Organismos Intermediarios (IOs en inglés) que se ocuparán de cooperar coas demais organizacións e autoridades participantes no programa, facilitando a participación de novos emprendedores nas actividades de mobilidade. Recibirán apoio das oficinas de coordinación seleccionadas baixo o seguinte lote.

  • Lote 2: Financian o establecemento dunha organización que se ocupe de brindar apoio, coordinación e establecemento de redes relacionadas coas actividades mencionadas no lote 1. A intención deste lote é seleccionar un único corpo que coordine as actividades dos entes creados baixo o lote 1. Este apoio será requirido para cooperar estreitamente coa Comisión Europea e os partenariados europeos e Organismos Intermediarios seleccionados no lote 1.

Destinatarios

As convocatorias anuais do programa “Erasmus para mozos emprendedores” publicadas pola UE destínanse a financiar aos organismos intermediarios que, con posterioridade, publican as súas propias convocatorias para seleccionar os emprendedores que participarán no programa.

Poderanse beneficiar das convocatorias ofrecidas polos organismos intermediarios:

  • Mozos emprendedores: aqueles que planearon de maneira firme a creación dunha empresa ou aqueles que estableceron a súa empresa nos últimos tres anos.

  • Emprendedores anfitrións: xente con gran experiencia no mundo dos negocios que posúan ou xestionen unha PEME en Europa.

Tanto uns como outros poden provir de calquera sector de actividade. O mozo emprendedor tomará a experiencia do seu anfitrión e, ao mesmo tempo, contribuirá ao negocio deste co seu traballo, novas ideas e novos puntos de vista.

En cada país, existe un número de entidades intermediarias, que son as encargadas de poñer en contacto aos Mozos Emprendedores cos Emprendedores Anfitrións que os van acoller durante un período de prácticas de ata 6 meses.

Socios

As organizacións intermedias poden presentar proxectos de forma individual ou en consorcios de polo menos dous socios do mesmo ou de Estados membros diferentes.

Os novos emprendedores e os empresarios anfitrións deben de ser de Estados membros distintos.

Financiamento

A UE cofinancia os gastos elixibles ata un máximo dun 90% para as iniciativas presentadas en calquera dos dous lotes.

Comentarios

• A duración das estancias variará entre 1 mes e 6 meses.

• Só unha parte dos proxectos poderá ser subcontratada: 10% nos proxectos do Lote 1 e 30% nos do Lote 2.

• A Comisión intentará que polo menos unha OI de cada Estado membro reciba financiamento. No caso de Francia, Alemaña, Italia, Polonia, Romanía, España e o Reino Unido, recibirán polo menos 3 por tratarse dos países máis poboados.

• As solicitudes poderán enviarse por mail certificado, correo ou presentalas persoalmente.

• As convocatorias soen publicarse durante o mes de abril.

Enlaces de Interese

Contacto

Erasmus for Young Entrepreneurs Support Office
EUROCHAMBRES, Avenue des Arts, 19 A/D
B-1000 Brussels, Belgium
Tel: +32 (0)2 282 08 73
Fax: +32 (0)2 280 01 91
e-mail: support@erasmus-entrepreneurs.eu

Para acceder aos contactos en España, prema aquí.

Convocatorias

Pechadas

27/05/2010 - ERASMUS PARA EMPRENDEDORES 2010

31/08/2011 - DG ENTR nº 21/G/ENT/ERA/11/311A : Convocatoria de propostas Erasmus para mozos emprendedores.

20/02/2012 - 30-G-ENT-CIP-12-E-N01C051 - Erasmus para xóvenes empresarios

20/02/2012 - DG ENTR N o 30-G-ENT-CIP-12-E-N01C051. Erasmus para mozos empresarios

15/04/2013 - Erasmus para mozos empresarios - 63-G-ENT-CIP-13-E-N01C011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante