Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

COOPERACIÓN INDUSTRIAL UE-XAPÓN

Obxectivos

O programa de Cooperación Industrial entre a UE e Xapón permite o achegamento entre as empresas europeas e niponas co fin de:

  • coñecer as oportunidades de investimentos directos en Xapón.
  • coñecer o sistema de distribución xaponés.

  • profundar nos elementos culturais e económicos que contribúen ao desenvolvemento tecnolóxico deste país oriental.

  • analizar os métodos de fabricación utilizados nas empresas niponas.

Eidos de actuación

O programa contempla as seguintes liñas:

  • Foreign Direct Investment (FDI): misións para empresas europeas, de cinco días de duración en Xapón, coas que se pretende ofrecer os coñecementos necesarios para levar a cabo un plan de investimento neste país.

  • Distribution and Business Practices (DBP): misións para executivos europeos en Xapón, de 5 a 8 días de duración, coas que se pretende dotarlles das ferramentas necesarias para desenvolver unha estratexia de márketing exitosa no mercado xaponés e/ou asiático.

  • Human Resources Training Programme (HRTP): programas de formación para empresarios europeos, de 4 semanas de duración sobre o terreo, cuxo obxectivo é dar a coñecer a situación actual do mercado en Xapón, cunha inmersión lingüística, cultural, histórica e política completa que permita comprender mellor os elementos culturais e económicos que definen os logros empresariais e tecnolóxicos deste país.

  • World Class Manufacturing (WCM):misións comerciais en Xapón para empresarios europeos, de 5 días de duración, cuxo obxectivo é mellorar o coñecemento das técnicas e métodos de facturación que utilizan as empresas xaponesas (Just in Time-JIT, Total Quality Control-TQC, Total Quality Management-TCM, TPM (Total Productive Maintenance), TIE (Total Industrial Engineering), e “incremental improvement”-KAIZEN).

  • WCM in Europe: versión europea de cinco días de duración do WCM.

  • Executive Training Programme (ETP)misións comerciais dun ano de duración para executivos europeos, en Xapón ou Corea, a través das cales se pretende ofrecer os coñecementos necesarios para levar a cabo un plan de investimento neste país.

  • EU Gateway Programme (EUGP): este programa abre as portas a todas as empresas europeas que queiran desenvolver os seus negocios no mercado asiático, ofrecendo a oportunidade de participar nunha semana de formación especializada, segundo o sector de actividade da empresa participante.

  • International Educators to Japan Programme (IEJ): permite o coñecemento por parte dos profesores europeos da sociedade nipona, a súa cultura e historia. O programa recolle visitas a escolas e clases nas que participan docentes e estudantes locais.

  • Vulcanus in Japan: este programa ten como finalidade que os estudantes da UE realicen prácticas industriais en Xapón. Neste sentido, trata de achegar aos mozos europeos ao mercado nipón, proporcionándolles unha formación exhaustiva en materia lingüística, cultural e de formación profesional nos seus ámbitos de estudo respectivos, especialmente en tecnoloxías. O programa empeza en setembro e remata en agosto do ano seguinte para axustarse ao ano académico nos Estados membros da UE.

  • Lean in Europe: para axudar ás empresas europeas a entender as mellores prácticas de fabricación, o Centro UE-Xapón creou este programa consistente na realización de visitas dirixidas ás principais fábricas europeas co fin de que observen estas prácticas en acción.

  • Cluster mission: esta iniciativa contribúe á organización de encontros específicos destinados a apoiar clusters e a pemes que sexan membros destes, nos seus esforzos por desenvolver alianzas e cooperación empresarial nos mercados mundiais. Desta forma, dáselles acceso aos mercados de ultramar e a establecer alianzas tecnolóxicas e comerciais coa finalidade de facelas máis competitivas na escala global.

Destinatarios

Poden participar nestas misións managers e executivos de empresas europeas, con bo nivel de inglés, que conten cun mínimo de cinco anos de experiencia.

Financiamento

O programa asume os gastos de matrícula, as clases, os gastos de desprazamento para as visitas en Xapón e a interpretación. A viaxe de ida e volta, o hotel e manutención adoitan correr a cargo da empresa, se ben existen bolsas para facilitar a participación das pemes nestas misións (en torno aos 60€ diarios por participante). As grandes empresas deben, ademais, pagar unha cota de entre 1.000 e 2.000 euros, mentres que as pemes deben aboar unha cantidade similar en concepto de garantía, que lles será devolta posteriormente.

Enlaces de Interese

Contacto

EU-Japan Centre
Office in Europe
Rue Marie de Bourgogne 52
B-1000 Brussels
Belgium
Tel: +32 (0)2 282 00 40
Fax: +32 (0)2 282 00 45
Email:office@eu-japan.eu

EU-Japan Centre
Head Office in Japan
Round-Cross Ichibanchou 4F
13-3 Ichibancho
Chiyoda-ku
Tokyo 102-0082
Japan
Tel: +81 (0)3 3221 6161
Fax: +81 (0)3 3221 6226

Convocatorias

Pechadas

Prácticas en Xapón para executivos e directivos europeos (WCM:Training course in Japan for EU executives and managers)(2010)

Oportunidades para Empresas europeas en Xapón e Corea (EUGP. EU Gateway Programme)

Prácticas en Xapón para executivos e directivos europeos (WCM: Training course in Japan for EU executives and managers)(2009)

Prácticas en Xapón para empresarios europeos
(HRTP: Training course in Japan for EU industrial managers)

Prácticas para Empresas Europeas en Xapón (DBP: Distribution & Business Practices)

Inversión extranxeira directa en Xapón (Foreign Direct Investment in Japan- FDI)

Programa de prácticas para executivos (The Executive Training Programme- ETP)

01/12/2010 - WCM. Curso sobre as técnicas de fabricación en empresas xaponesas.

10/05/2011 -

Cursos WMC de 5 días en Xapón para executivos e directivos europeos en outubro de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante