Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRESS

Base Legal

Decisión nº 1672/2006 do Parlamento Europeo y do Consello pola que se establece un programa comunitario para o emprego e a solidariedade social (DO L 315 de 15 de noviembre de 2006).

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

PROGRESS apoia financeiramente a execución dos obxectivos da UE en materia de emprego e asuntos sociais, conforme a Axenda Social Europea e a Estratexia de Lisboa, fixándose como obxectivos:

  • Mellorar o coñecemento da situación nos Estados membros mediante análises e avaliacións das políticas.

  • Apoiar e controlar a aplicación dos obxectivos e da lexislación comunitaria nesta materia, así como avaliar a súa eficacia e incidencia.

  • Fomentar a creación de redes, a aprendizaxe mutua e a difusión de boas prácticas e enfoques innovadores a escala europea.

Eidos de actuación

O programa subdivídese en cinco seccións:

  • emprego,
  • protección e inclusión social,
  • condicións de traballo,
  • non discriminación e diversidade,
  • e igualdade de xénero.

Financia todo tipo de actividades de análise (estudios, enquisas, recollidas de datos...) e actividades de aprendizaxe mutua, sensibilización e difusión, ademais de prestar apoio a redes a escala europea e observatorios, seminarios e grupos de traballo, intercambio de persoal entre administracións, etc.

Céntrase, principalmente, nas actividades con forte dimensión europea que garantan o valor engadido comunitario, como os estudos a escala europea sobre emprego e asuntos sociais, a creación de redes de expertos nacionais ou o intercambio de boas prácticas.

Destinatarios

Autoridades nacionais, rexionais e locais, servizos públicos de emprego, patronais e sindicatos, organizacións non gobernamentais, universidades e institutos de investigación, institutos nacionais de estatística e medios de comunicación.

Financiamento

657.590.000 € para todo o período 2007-2013 repartidos da seguinte maneira:

  • un mínimo do 23% irá destinado á sección de emprego;
  • un 30% á protección e inclusión social;
  • un 10% ás condicións de traballo;
  • un 23% á non discriminación e diversidade;
  • e un 12 % á igualdade de xénero.

Calquera proposta sobre estes ámbitos será financiata ata un máximo do 80% dos seus custos.

Comentarios

As propostas serán remitidas directamente á Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión.

Enlaces de Interese

Contacto

European Commission – DG EMPL/B.1
DG Employment, Social Affairs and Inclusion
J-54 01/004
B – 1049 Brussels
Belgium
Email: empl-04-03-03-01@ec.europa.eu

Convocatorias

Pechadas

VP/2010/014 Proxecto piloto: Cooperación entre administracións públicas, empresas privadas e empresas sociais a favor da inclusión social e da integración no mercado laboral

VP/2010/016 Proxecto piloto para favorecer a conversión de traballo precario en empregos con dereitos

VP/2010/005 Intercambio de boas prácticas para a promoción do emprego xuvenil

VP/2010/010 Proxectos innovadores para apoiar a mobilidade laboral na UE

VP/2010/017 Proxectos piloto sobre emprego para persoas con autismo

VP/2010/015 Proxecto piloto para previr o maltrato aos anciáns

VP/2010/013 Reconversión industrial, benestar no traballo e participación financeira

14/02/2011 - VP/2011/001. Relacións laborais e diálogo social.

16/02/2011 - VP/2011/003.- Información, consulta e participación de representantes de empresas.

16/02/2011 - VP/2011/002.- Medidas de información e formación de organizacións de traballadores.

18/03/2011 - VP/2011/004. Accións transnacionais no eido da cooperación e a información. Coordinación dos rexímenes de Seguridad Social.

26/04/2011 - VP/2011/008.-Mellora dos coñecementos sobre os procesos de reestructuración industrial. Mellora da saúd e do benestar no lugar de traballo. Promoción da participación financeira dos traballadores.

17/05/2011 - VP/2011/010.- Intercambio de boas prácticas

27/05/2011 - VP/2011/005.-Servizos públicos e privados de emprego traballando de maneira conxunta (PARES. Partnerships between Employment Services).

13/07/2011 - VP/2011/007.- Políticas innovadoras de apoio ao envellecemento saudable, activo e digno e a elevar a eficacia e a eficiencia do gasto social en saúde e o cuidado a longo prazo.

15/09/2011 - VP/2011/009: Convocatoria de propostas para a realización de proxectos sociais experimentais.

17/07/2012 - VP/2012/010 Convocatoria para accións relacionadas ao desenvolvemento de modelos de pensións e de apoio a aprendizaxe mutua nos procedementos nacionais de reforma das pensións.

17/07/2012 - VP/2012/011 Apoio para o desenvolvemento do servizo de seguimento para os títulos de pensión privada.

13/08/2012 - VP/2012/009 Aprendizaxe mutua no eido das habilidades persoais e o emprego. Seguindo as pautas da Unión Europea de formación sectorial e reestruturación

24/10/2012 - Experimentos en Política Social- VP/2012/007

26/10/2012 - Apoio as accións nacionais para a igualdade entre mulleres e homes, en particular nas decisións económicas - JUST/2012/PROG/AG/GE

26/10/2012 - Apoio as accións nacionais para a igualdade entre mulleres e homes, en particular nas decisións económicas - JUST/2012/PROG/AG/GE

12/12/2012 - Servizos de emprego traballando de maneira conxunta - PARES - VP/2012/013

04/03/2013 - Convocatoria restrinxida de propostas - Apoio ás actividades de información e comunicación destinadas á eliminación da violencia contra as mulleres - JUST/2012/PROG/AG/VAW

21/06/2013 - Convocatoria de propostas - Desprazamento de traballadores: reforzar a cooperación administrativa e o acceso á información - Progress

11/07/2013 - Convocatoria de propostas: Acordo marco ONG inclusión social en Europa - Progress

24/07/2013 - Convocatoria de propostas para apoiar o desenvolvemento de estratexias de reforma dos sistemas de protección social - PROGRESS

30/07/2013 - Convocatoria de propostas de accións para ong antidiscriminación e igualdade de xénero - PROGRESS

20/09/2013 - Convocatoria de propostas para actividades experimentais no ámbito da política social - PROGRESS

22/09/2013 - Acción preparatoria O teu primeiro emprego Eures - PROGRESS

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante