Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

FONDO EUROPEO DE ADAPTACIÓN Á GLOBALIZACIÓN (FEAG)

Base Legal

Regulamento (CE) Nº 546/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2009 que modifica o Regulamento (CE) Nº 1927/2006, mediante o que se crea o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O obxectivo principal do FEAG é o de apoiar aos traballadores que perderon os seus empregos a causa da globalización, da liberalización dos mercados ou da actual crise económica e financeira.

Eidos de actuación

O FEAG pretende cofinanciar medidas activas como:

  1. Asistencia na procura dun emprego: orientación profesional, formación, axuda á recolocación, certificación da experiencia laboral e reciclaxe profesional a medida.

  2. Promoción do espírito emprendedor e asistencia ao establecemento por conta propia.

  3. Asignacións específicas e de curta duración: para a procura de emprego, a mobilidade ou destinadas ás persoas que participan en programas de aprendizaxe permanente ou actividades de formación.

Destinatarios

Calquera dos Estados membros da Unión Europea (tan só as autoridades nacionais poden solicitar formalmente estas axudas).

Financiamento

Cada proposta poderá ser subvencionada ata un 50% da súa contía total.

Comentarios

Os particulares, as organizacións representantes ou empresas que sufriran despedimentos e desexen acollerse ao Fondo deben dirixirse ás súas autoridades nacionais, neste caso o Ministerio de Traballo e Inmigración, quen presentará as solicitudes ante a Comisión.

Enlaces de Interese

Contacto

Contacto do FEAG na Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades da Comisión Europea:

  • Philipp Hatt, xefe de unidad da Unidade F5
    Teléfono: +(32) 2 2956701

  • Marta Álvarez Marquina, técnico da Unidade C2
    Teléfono: +(32) 2 2996845


Contacto do FEAG en España:

  • Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (UAFSE)
    Ministerio de Traballo e Inmigración
    C/ Pío Baroja nº 6, 1ª planta
    E-28009 Madrid

    • Victoria Berrocal Ruiz
      E-mail: vberrocal@mtin.es
      Teléfono: +34 91 363 20 53

    • Guzmán García González-Posada
      E-mail: ggarciagp@mtin.es
      Teléfono: +34 91 363 20 65

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante