Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INSTRUMENTO EUROPEO DE MICROFINANCIAMENTO PARA O EMPREGO E A INCLUSIÓN SOCIAL - PROGRESS

Base Legal

Decisión Nº 283/2010/UE do Parlamento Europeo e do Consello de 25 de marzo de 2010 pola que se establece un instrumento europeo de microfinanciamento para o emprego e a inclusión social — Progress.

Duración

Período 2010-2013.

Obxectivos

Aumentar o acceso ao microfinanciamento para que grupos en risco de exclusión social e microempresas leven a cabo iniciativas empresariais que permitan crear emprego e mellorar a situación económica e social.

Eidos de actuación

O instrumento levarase á práctica por medio dos seguintes tipos de accións, segundo corresponda:

  • garantías e instrumentos de risco compartido;

  • instrumentos de patrimonio;

  • títulos de crédito;

  • medidas de apoio, concretamente actividades de comunicación, supervisión, control, auditoría e avaliación directamente necesarias para a posta en práctica eficaz e eficiente da presente Decisión e para o logro dos seus obxectivos.

Destinatarios

O instrumento está aberto a entidades públicas e privadas radicadas a escala nacional, rexional ou local nos Estados membros que proporcionan microfinanciación a persoas e microempresas nos Estados membros.

Os beneficiarios finais que poderán acceder a esta microfinanciación refírense a:

  • persoas que teñan perdido ou estean en risco de perder o seu posto de traballo ou que atopan dificultades para acceder ou reincorporarse ao mercado laboral, ademáis de aquelas que estean en risco de exclusión social ou persoas vulnerables que se atopan nunha posición de desventaxa no relativo ao acceso ao mercado crediticio convencional e desexan crear ou seguir desenvolvendo a sua propia microempresa ou convertirse en traballadores por conta propia;

  • microempresas, especialmente as da economía social, ademáis das microempresas que ocupan a persoas que estean en situaciones similares ás descritas no apartado anterior.

Financiamento

O seu orzamento é de 100 millóns de euros.

Comentarios

O Instrumento non financia directamente aos emprendedores senon que ofrece fondos ás institución de microfinanciamento dos países da UE para que estas incrementen as liñas de axuda aos pequenos empresarios.

Enlaces de Interese

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante