Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

DAPHNE III

Base Legal

Decisión nº 779/2007/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de xuño de 2007, pola que se establece, para o período 2007-2013, un programa específico para previr e combater a violencia exercida sobre nenos, mozos e mulleres, e para protexer ás vítimas e aos grupos de risco (programa Daphne III) integrado no programa xeral “Dereitos fundamentales e xustiza”.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

Contribuír a previr e combater todas as formas de violencia, tanto na esfera pública coma na privada, que afecten aos rapaces, os mozos e as mulleres, entre as que se inclúe a explotación sexual e a trata de persoas, mediante a adopción de medidas preventivas e a oferta de apoio e protección a vítimas e grupos de risco.

Eidos de actuación

Daphne III contempla tres tipos de actuación:

  1. Proxectos transnacionais de interés comunitario no que participen polos menos organizacións de dous Estados membros:

    • Elaboración e execución de campañas de sensibilización dirixidas a un público específico co fin de dar a coñecer o fenómeno da violencia, fomentar o seu rexeitamento e o apoio ás vítimas, así como animar á denuncia por parte destas.

    • Difusión dos resultados obtidos por proxectos anteriores do programa Daphne, especialmente das adaptacións ou transferencias destes resultados noutras zonas xeográficas ou noutros beneficiarios.

    • Desenvolvemento e mellora de accións que contribúan ao benestar e realización persoal das persoas expostas á violencia, como o fomento do respecto cara a elas.

    • Creación e mantemento de redes multidisciplinares de ONG que traballen neste eido.

    • Accións de investigación, formación, visitas de estudo e intercambio de persoal que persigan a recompilación e difusión de coñecementos.

    • Estudos dos fenómenos relacionados coas causas da violencia e os seus efectos na sociedade: custos sanitarios, económicos, sociais...

    • Elaboración e execución de programas de apoio ás vítimas e ás persoas expostas, así como de programas de intervención dirixidos aos agresores.

  2. Accións específicas da Comisión: estudos e investigacións, enquisas de opinión, elaboración de indicadores, seminarios, organización de campañas e eventos públicos, creación de sitios web, establecemento dun grupo de estudo e apoio para proporcionar asesoramento especializado...

  3. Apoio ás ONG que persigan unha finalidade de interese europeo xeral e que traballen no ámbito deste tipo de violencia.

Destinatarios

Organizacións e institucións públicas e privadas (autoridades locais ao nivel adecuado, departamentos universitarios e centros de investigación) que traballen na prevención e loita contra violencia exercida sobre mulleres, nenos ou mozos, na protección e apoio ás vítimas, na execución de accións de rexeitamento de tal violencia ou de sensibilización e fomento de cambio de actitudes cara os grupos máis vulnerables.

Socios

Para acceder ás subvencións de proxectos trasnacionais, as propostas deben contar polo menos con dúas organizacións de dous estados diferentes.

Financiamento

O programa conta con 116, 85 millóns de euros. A porcentaxe máxima de cofinanciamento especificarase nos programas de traballo anuais. Para 2011 o orzamento dispoñible é de 18 millóns de euros.

Comentarios

As solicitudes realízanse a través do sistema PRIAMOS (Programa de Información e Xestión Operativa de Actividades) mediante o que a Dirección Xeral de Xustiza da Comisión Europea proporciona os formularios e canaliza as candidaturas.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

JUST/2011-2012/DAP/AG. Previr e combater a violencia contra os menores, os mozos e mulleres e protexer ás vítimas e aos grupos en risco.

JLS/2009-2010/DAP/AG Prevención e loita contra a violencia exercida contra nenos, mozos, e mulleres, así como protección ás vítimas e grupos de risco

Accións de apoio das actividades de organizacións non gobernamentais ou outras entidades mediante subvencións operativas

JLS/DAP/2007-2. Apoio ás actividades de ONG ou outras organizacións na loita contra a violencia exercida sobre nenos, mozos e mulleres

09/11/2010 - JUST/2010/DAP/OG Previr e combater a violencia contra nenos, mozos e mulleres. Protexer a vítimas e grupos de risco.

24/06/2013 - Convocatoria de propostas - Mecanismos de alerta no eido do tráfico de nenos. Apoio a proxectos 2013 - DAPHNE III

30/07/2013 - Programa específico para previr e combatir a violencia exercida sobre os nenos, os xoves e as mulleres e protexer ás víctimas e grupos de risco

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante