Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

MEDIA MUNDUS

Base Legal

Decisión nº 1041/2009/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009, pola que se establece un programa de cooperación audiovisual con profesionais de terceiros países (MEDIA Mundus).

Duración

Período 2011-2013.

Obxectivos

O programa MEDIA MUNDUS pretende aumentar a competitividade da industria audiovisual europea, reforzar o papel cultural que a UE desempeña e mellorar as relacións e o acceso aos mercados dos terceiros países.

Eidos de actuación

O programa céntrase en catro accións:

  • a) apoio á formación: busca reforzar a cualificación dos profesionais europeos e doutros países mediante plans de formación.

  • b) apoio ao acceso aos mercados: promove o acceso das obras audiovisuais aos mercados internacionais para captar financiamento e redes de distribución.

  • c) apoio á distribución e circulación: favorece a promoción e proxección das obras europeas en terceiros países e ao revés.

  • d) actividades transversais: supón integrar as tres liñas anteriores nun mesmo proxecto, de maneira que se unan a formación, a busca de socios e financiamento e a distribución.

Destinatarios

Profesionais do audiovisual dos Estados membros, e por extensión dos países da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) e do Espazo Económico Europeo (EEE), así como de terceiros países.

Socios

É obrigatorio que cada proposta conte cun socio procedente dun país fóra da UE (terceiros países). Será necesario un mínimo de tres socios por cada proxecto, excepto nos casos nos que a participación de dous únicos socios garantan a creación de redes internacionais de intercambio.

Financiamento

O seu orzamento é de 15 millóns de euros. A Comisión financiará entre o 50% e o 70% dos custos de cada proxecto, dependendo das súas características e envergadura.

Comentarios

Os proxectos deberán ser enviados directamente á Dirección Xeral de Educación e Cultura. A próxima convocatoria de MEDIA MUNDUS lanzarase no segundo semestre de 2011.

Enlaces de Interese

Contacto

European Commission
Directorate-General for Education and Culture
Directorate D — Culture and Media
Unit D3 — MEDIA programme and media literacy
Office MADO 18/68
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Convocatorias

Pechadas

21/07/2010 - MEDIA Mundus — Convocatoria de propostas de 2011.
Proxectos de cooperación audiovisuais entre profesionais europeos y profesionais de terceiros países

16/06/2011 - MEDIA Mundus.- Convocatoria de Propostas de 2012

07/07/2012 - MEDIA Mundus 2013 - Convocatoria de propostas de 2013

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante