Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción 4.3 — Apoio á mobilidade de quen traballa no eido da mocidade - EACEA/12/13

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

O obxectivo principal desta convocatoria é apoiar a mobilidade e os intercambios de quen traballa no eido da mocidade para promover a adquisición de novas capacidades e competencias co fin de enriquecer o seu perfil como profesionais nese eido. A presente convocatoria reforzará así a creación de redes entre estruturas do eido da mocidade en Europa e contribuirá á prioridade política de apoio, recoñecemento e profesionalización do traballo nese eido como ferramenta transversal da política en Europa.

Obxectivo específico da convocatoria

Entre os obxectivos específicos previstos na convocatoria inclúense os seguintes:
- Dar a quen traballa no eido da mocidade a oportunidade de experimentar unha realidade de traballo diferente noutro país;
- Mellorar a comprensión da dimensión europea do traballo con xente moza;
- Mellorar as competencias profesionais, interculturais e lingüísticas de quen traballa con xente moza;
- Promover o intercambio de experiencias e enfoques do traballo con xente moza e do ensino non formal en Europa;
- Contribuír ao desenvolvemento de alianzas máis sólidas e de mellor calidade entre as organizacións de mocidade en toda Europa;
- Reforzar a calidade e a función do traballo con xente moza en Europa.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos e terceiros países.

Destinatarios

Aberto para organizacións sen ánimo de lucro localizadas nalguna das zonas de actuación.

Financiamento

A subvención máxima non excederá os 25 000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento dispoñible para a convocatoria é de 0,76 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos haberán de ter unha duración máxima de 12 meses. A mobilidade deberá ter unha duración mínima de 2 meses e máxima de 6 meses.

Data de publicación

29/05/2013

Data límite de solicitude

10/09/2013

Documentación

Contacto

EACEA (Axencia Executiva de Educación, Cultura e Audiovisual)– Unidade P6
Email: eacea-p6@ec.europa.eu

Procuras de Socios

O acceso dos mozos á información en Europa

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante